Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

<< abril, 2019 >>
luns martes mércores xoves venres sábado domingo
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30

Hoxe

Exposición de fotografía "MEXILLÓN DE GALICIA", de Xurxo Lobato, en colaboración co Consello Regulador do Mexillón de Galicia-Norte

Imaxes da exposición "Mexillón de Galicia"

"Mexillón de Galicia" é moito máis que unha sucesión de fermosas imaxes. Trátase dun relato visual ao que hai que achegarse con ánimo sereno, pero á vez, cos ollos prestos para reparar nos seus múltiples detalles.

Detalles que mostran beleza, laboriosidade, ansias e anhelos, pero que por encima de todo falan de persoas capaces de poñer en pé unha industria e facela avanzar.

A exposición poderá visitarse ata o 30 de abril en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas.

Próximos eventos

Conferencia "A MIRADA DE VALLE INCLÁN", por María de la Figuera, doutora en Filosofía e Letras pola Universidade Complutense

23/04/2019 19:30
Ramón María del Valle-Inclán (Villanueva de Arosa, 1869 - Santiago de Compostela, 1935)

A catedrática de Lingua Castelá e Literatura pronunciará unha conferencia que versará sobre dúas obras teatrais do dramaturgo Valle Inclán: a triloxía "Comedias bárbaras", ambientada na Galicia rural de mediados do século XIX e "Divinas palabras", as súa obra teatral máis universal.

Eventos recentes

Presentación-rolda de prensa "RADIO CAMINO DE SANTIAGO"

11/04/2019 11:00

Un novo e innovador medio de comunicación na rede, de alcance internacional, creado en 2016, pioneiro no sector, cuxos principais protagonistas son o Camiño de Santiago e os peregrinos. Os seus obxectivos primordiais son a investigación, promoción, divulgación e fomento do coñecemento e actividades de interés cultural do Camiño, con especial énfase na colaboración entre os diversos axentes públicos e privados (asociacións e/ou organismos públicos) vinculados ao Camiño para a preservación do seus valores como patrimonio cultural e relixioso a nivel mundial.

Intervirá na presentación Ernesto Díaz e Nekane Soto, cofundadores e codirectores e o seu colaborador Fran Contreras Gil, xornalista e escritor.

Rolda de prensa-presentación do 21 Congreso Nacional de Hospitais e Xestión Sanitaria: "INNOVACIÓN: CAMIÑO DA SUSTENTABILIDADE" (só medios e profesionais)

03/04/2019 14:00

A rolda de prensa iniciarase as 14:00 horas; posteriormente, ás 16:00 horas, terá lugar a presentación do Congreso aos profesionais do sector.

Durante máis de 40 anos e a través das súas vinte edicións, o Congreso Nacional de Hospitais converteuse nun referente en Xestión Sanitaria e eixo sobre o que foron presentadas as innovacións máis relevantes neste ámbito.

Neste Congreso, que se celebrará en Santiago de Compostela os próximos días 8, 9 e 10 de maio, os directivos da Saúde analizarán en profundidade a situación e problemáticas actuais camiñando na súa contribución como colectivo a favor da creación de valor e sustentabilidade do sistema sanitario.

Inauguración da exposición de fotografía " MEXILLÓN DE GALICIA", de Xurxo Lobato, en colaboración co Consello Regulador do Mexillón de Galicia-Norte

02/04/2019 19:30
Imaxes da exposición "Mexillón de Galicia"

"Mexillón de Galicia" é moito máis que unha sucesión de fermosas imaxes. Trátase dun relato visual ao que hai que achegarse con ánimo sereno, pero á vez, cos ollos prestos para reparar nos seus múltiples detalles.

Detalles que mostran beleza, laboriosidade, ansias e anhelos, pero que por encima de todo falan de persoas capaces de poñer en pé unha industria e facela avanzar.

Acompañarán ao fotógrafo Xurxo Lobato, o presidente do Consello Regulador da DOP Mexillón de Galicia, Francisco Alcalde.

A exposición poderá visitarse ata o 30 de abril en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas.

Exposición de fotografía "MEXILLÓN DE GALICIA", de Xurxo Lobato, en colaboración co Consello Regulador do Mexillón de Galicia-Norte

02/04/2019 08:47
Imaxes da exposición "Mexillón de Galicia"

"Mexillón de Galicia" é moito máis que unha sucesión de fermosas imaxes. Trátase dun relato visual ao que hai que achegarse con ánimo sereno, pero á vez, cos ollos prestos para reparar nos seus múltiples detalles.

Detalles que mostran beleza, laboriosidade, ansias e anhelos, pero que por encima de todo falan de persoas capaces de poñer en pé unha industria e facela avanzar.

A exposición poderá visitarse ata o 30 de abril en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas.

Sesión solemne de ingreso na Academia Xacobea como Académica de Número de Dª Pilar Falcón

28/03/2019 19:30

Participarán na devandita Sesión: D. Jesús Palmou, presidente da Academia Xacobea; Dª Josefa Sanz e D. Marcelino Agis, padriños da recipiendaria.

No acto, Pilar Falcón lerá o discurso de ingreso e posteriormente farase entrega de Diplomas e Medallas de Honra a D. Enrique Santín, D. Antonio Fernández de Buján, D. Félix Sanz Roldán e D. José Mª Ballester.

Presentación da IX edición da Carreira por Montaña Montes de Viveiro "Camovi", organizada pola AD San Roque coa colaboración do Concello de Viveiro

28/03/2019 12:00
Cartel anunciador da IX Carreira Montes de Viveiro.

Participarán no acto de presentación: María Loureiro García, alcaldesa do Concello de Viveiro; Pedro Esmorís García, director técnico da Carreira; Horacio Albo Pérez, Social Media Manager; Álvaro Santos Rams, deputado de Goberno Interior e Relacións Institucionais da Deputación Provincial de Lugo; e a actriz e corredora galega Estíbaliz Veiga

A Carreira, que cumpre este ano a súa novena edición, celebrarase os días 27 e 28 de abril.

Presentación da novela "El último barco", de Domingo Villar, editada por Siruela Policiaca

25/03/2019 19:30
Portada da novela

Dez anos despois do éxito indiscutible de 'A praia dos afogados', unha novela celebrada internacionalmente, Domingo Villar regresa cunha entrega que rolda as 800 páxinas, 'O último barco', publicada por Galaxia en lingua galega e por Siruela en castelán.

Con ela volve o inspector Leo Caldas, un dos personaxes máis aclamados da novela negra do país, cun novo caso no que terá que investigar a desaparición dunha moza en Vigo.

No acto de presentación a xornalista Susana Santaolalla conversará co escritor.

Presentación da novela "SUEÑOS ELÉCTRICOS", de Ramón Caride

18/03/2019 19:30
Portada da novela, publicada polo Grupo Editorial Sial Pigmalión.

A Editorial Sial Pigmalión acaba de publicar a edición en castelán da novela coa que, na década dos 90 e con tan só 35 anos, fixo gañador a Ramón Caride do premio Blanco Amor. Tratábase de "Soños Eléctricos", na que o autor imaxinaba un mundo con seres humanos que serían deseñados á carta por expertos xenetistas.

A crítica considerouna como a novela fundacional da ficción científica galega, unha novela que nos introduce nun estremecedor universo distópico no que se coan refachos de esperanza.

Intervirán no acto de presentación, ademais do autor: Vicente Araguas, profesor, escritor e crítico literario; Basilio Rodríguez Cañada, presidente do Grupo Editorial Sial Pigmalión e Xesús Manuel Marcos, escritor.

Presentación do cómic LA ESPADA DE SAN EUFRASIO, de Pepe Rey, Miguel Fernández e Manuel López Poy, publicado por Diábolo Ediciones

07/03/2019 19:30
Portada do cómic

"La espada de San Eufrasio. La aldea maldita" é unha historia medieval de loita pola supervivencia dun pobo atrapado entre intrigas políticas, ambicións desmedidas, violencia desatada e sometido a un espolio permanente.

No acto de presentación intervirán, ademais dos tres autores do cómic, Lorenzo Pascual, editor de Diábolo Ediciones.

Inauguración da exposición de pintura "SENTIMENTOS", de Cuadrado

06/03/2019 19:30
"SILENCIO" - Técnica mixta - 65 x 81 cm. 2017

Cuadrado presenta unha mostra da súa obra pictórica na que coexiste o surrealismo co simbolismo, dúas tendencias coas que a artista trata de transmitir unha mensaxe inspirada nun universo onírico e imaxinario que o visitante deberá descubrir e interpretar.

A exposición poderá visitarse ata o 29 de marzo, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas.