Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Exposición de escultura "CONSERVA A VIDA", de Henrique Prado Miranda

Do 07/11/2018 ó 30/11/2018

O cangués Henrique Prado céntrase na escultura figurativa e abstracta, propoñendo nesta exposición unha homenaxe ás xentes e aos concellos marítimos, a esa dureza das fábricas e da pesca, baixo o lema de "Conserva a vida". A exposición poderá visitarse ata o 30 de novembro, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas.

Nace en Cangas do Morrazo (Pontevedra) en 1964. A vocación pola escultura está presente desde neno. Estudou modelismo naval e delineación. De formación autodidacta, comeza as súas exposicións a idade tardía, en 2009, tendo repartidas obras por varios países.

As súas obras están feitas de multitude de materiais: pedra, madeira, metais P. R. F.V, aceiro inoxidable, cerámica e formigón entre outros, aínda que os seus materiais preferidos son a madeira (de castiñeiro, de caoba, de carballo) e o P. R. F.V.. Outra faceta que lle distingue é a experimentación en técnicas e acabados xa que son grandes os seus coñecemento teóricos e técnicos grazas ás súas investigacións con distintos materiais e as súas mesturas.

A nivel temático, a súa obra está carga de crítica social; é un intento de transmitir a súa visión particular do mundo que lle rodea.

A pesar de ser un artista de vocación tardía, conta con moitos premios e nomeamentos nacionais e internacionais, entre os que podemos destacar: Primeiro premio na XIII Bienal pequena escultura Peña de Martos, en Xaén; Diploma de Honra e finalista no I concurso de pintura e debuxo ADICAM, en Cangas do Morrazo; Medalla de prata na V Bienal de escultura internacional El valle de los sueños, Madrid; Medalla de ouro na VI Bienal de escultura internacional El Valle de los sueños, Madrid; ou o Segundo premio na IV edición ADICAM de pintura e debuxo, en Cangas de Morrazo.



Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes

"LATA DE CONSERVA" (2 ESPECIALIDADES) - Madeira de acacia negra e P.R.F.V. pigmentado (policromía) 30 x 58 x 56 cm.

"PESCANTINA DO BERBÉS (VIGO)" - Madeira de acacia negra sobre soporte de P.R.F.V. e granito 53 x 20 x 17 cm.

"A VOLTA DO MAR" - P.R.F.V. pigmentado e bronce químico - 55 x 28 x 26 cm.

O escultor Henrique Prado no seu taller.