Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Exposición de pintura "Sigo a Plantar Árbores", de Ehlaba Carballo de Dios

Do 02/10/2018 ó 30/10/2018

A pintora de Xunqueira de Espadanedo presenta unha mostra pictórica coa árbore como elemento simbólico e representativo, elemento recorrente ao longo da súa traxectoria artística. Os bosques do seus cadros están compostos por árbores cos troncos rectos, formas puras, que transmiten unha mensaxe de verticalidade.

A exposición, que se inaugura o 2 de outubro, poderá contemplarse ata o día 30, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas.

Ehlaba Carballo de Dios (Xunqueira de Espadanedo, Ourense,1960) presentou as súas obras en galerías de Ourense, Santiago de Compostela, Vigo, Barcelona, Madrid, Portugal, París, Florencia … e en varias Feiras Internacionais: "ARTEANDO"- Irún (2011). "Carrusel del Museo Louvre de París 2009", e "PURO ARTE VIGO 2009", Feria de Arte Independiente LLEIDART – Lleida (2008), "ARTEXPO NEW YORK 2008", "PURO ARTE VIGO 2007".

E levou a cabo diversos proxectos expositivos:

Unha porta do Rial, "30+3", Olladas de Luz", Un camino, árbores, Cando as cores e a terra falan, entre outros, sendo presentados en salas e Museos como no Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación de Ourense, Museo do Pobo Galego en Santiago de Compostela, Museo Ramón Mª Aller Ulloa de Lalín, Museo Interactivo de la Historia de Lugo (MIHL), Castillo de Maceda, Museo taller de olería de Niñodaguia, Claustro regular do Monasterio de Xunqueira de Espadanedo, Fundación Vicente Risco de Allariz, Municipal Museum of Art -Kyoto, Museum of Art - Hiroshima e The National Art Center -Tokio- Xapón entre outros.

Participa coas súas obras no libro "Elas", de A Xanela Editorial e foi comisaria da Musa da Paz no Auditorio Municipal de Ourense en 2016.

Son parte fundamental da súa obra a luz, a cor e a simboloxía plasmando un cosmos ordenado a través dos números e a xeometría onde as cores e as formas simplifícanse chegando case á abstracción lineal.

Co concepto de que TODOS SOMOS UN e que a realidade que vemos é moi reducida, cada obra representa un fragmento da realidade, unha parte que marca as múltiples olladas, o seu anaco de verdade. UN TODO do que formamos parte en conxunto e por separado en cada unha das súas partes independentes, respondendo cada cadro a unha parte dunha realidade inabarcable.

Coa unión de unidades independentes Ehlaba crea unha obra de arte total e sintética.



Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes

"Sigo a Plantar Árbores XV" - Óleo sobre lenzo - 100 x 100 cm

"Sigo a Plantar Árbores XIII" - Óleo sobre lenzo - 70 x 70 cm.

"Sigo a Plantar Árbores VI" - Óleo sobre lenzo - 4 de 70 x 70 cm.

Ehlaba Carballo de Dios (Xunqueira de Espadanedo - Ourense, 1960)