Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Exposición de pintura "Paisaxes do camiño", de María José Rodríguez

Do 05/02/2020 ó 28/02/2020

Mª José Rodríguez volve a Madrid  cunha mostra de pintura cunha importante carga de espiritualidade e universalidade. Deixa atrás o seu habitual eclecticismo para centrarse nun discurso reflexivo, nun relato de experiencias ou aproximación a estas, onde a pluralidade de culturas é unha constante.

Esta exposición poderá visitarse ata o 28 de febreiro, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas.

MARIA JOSÉ RODRÍGUEZ GARCÍA nace na Coruña. No ano 1985 finaliza a licenciatura en Pedagoxía. Posteriormente, dada a súa gran paixón pola arte, realiza estudos de modelado-baleirado co escultor César  Lombera e acode a distintos talleres de cerámica e escultura. Unindo así o gusto polo ensino e a súa inquietude artística, que lle vén desde a infancia.

A arte e a artesanía que realiza Mª José é case ao 100% froito da inspiración, do traballo, dunha visión creadora do mundo, dunha sensibilidade a flor de pel e dunha mirada positiva e  vitalista ante a vida. O resto é froito do estudo e da investigación levada a cabo neste universo creativo da arte.



Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes

SANTIAGO NOCTURNO - Acrílico sobre tablilla

SAN SEBASTIÁN - Acuarela

CUDILLERO - Acrílico sobre tablilla

Mª José Rodríguez