Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Exposición de fotografía "MEXILLÓN DE GALICIA", de Xurxo Lobato, en colaboración co Consello Regulador do Mexillón de Galicia-Norte

Do 02/04/2019 ó 30/04/2019

"Mexillón de Galicia" é moito máis que unha sucesión de fermosas imaxes. Trátase dun relato visual ao que hai que achegarse con ánimo sereno, pero á vez, cos ollos prestos para reparar nos seus múltiples detalles.

Detalles que mostran beleza, laboriosidade, ansias e anhelos, pero que por encima de todo falan de persoas capaces de poñer en pé unha industria e facela avanzar.

A exposición poderá visitarse ata o 30 de abril en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas.

Cincuenta fotografías e un vídeo de tres minutos, ambos realizados polo fotógrafo Xurxo Lobato, integran esta mostra que forma parte dun proxecto concebido pola Denominación de Orixe Protexida "Mexillón de Galicia" para dar a coñecer en Galicia, España e o mundo o selo Mexillón de Galicia, que representa garantía de calidade e orixe para o consumidor.

Este relato audiovisual completa un traballo do que forma parte tamén o libro "Mexillón de Galicia", que en 2017 foi galardoado como mellor libro de gastronomía de España na categoría de mellor fotografía e igualmente obtivo o segundo premio ao mellor libro de gastronomía do mundo na mesma modalidade. A exposición de Madrid dá continuidade a esa publicación, axudando ao espectador a descubrir qué hai detrás de Mexillón de Galicia.

A mostra é unha narración protagonizada por homes e mulleres que co seu traballo lograron crear unha actividade sustentable, xeradora de riqueza e con capacidade para facer prosperar as comarcas costeiras de Galicia.

Os rostros dalgúns deles foron recollidos polo obxectivo de Xurxo Lobato. Son imaxes cheas de forza pero tamén de sutileza. Instantáneas con alma propia que axudan a entender como se forxa unha identidade, como se configura unha forma de ser, a dos que integran a gran familia de Mexillón de Galicia.

XURXO LOBATO (A Coruña, 1956). É licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago.

Ten unha longa traxectoria profesional. Traballou e colaborou en diversos medios nacionais e internacionais como La Voz de Galicia, El País, Cambio 16, El Mundo, La Vanguardia, Der Spiegel ou National Geographic.

Entre outros galardóns, en 2003 gañou o premio Ortega y Gasset de peridismo por unha fotografía do Prestige.

É membro da Real Academia Galega de Belas Artes.



Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes

Imaxes da exposición "Mexillón de Galicia"

O fotógrafo Xurxo Lobato