<< novembro, 2019 >>
luns martes mércores xoves venres sábado domingo
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30

Hoxe

Exposición de pinturas 2000-2015 e olería, de Francisco G. Lagares

"No salón dos bailes" - Óleo/lenzo, 160 x 200 cm.(2006)

A presente exposición mostra as tres últimas etapas pictóricas do artista vigués, unidas estreitamente co mundo das matemáticas, que interactúan coa súa colección de cerámica popular que iniciou nos anos 70. Son pezas de gran calidade, orixinalidade estética e técnica.

A mostra poderá visitarse ata o 30 de novembro, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas.

Exposición de pintura e haikus "Onde o sentimento únese á esencia", de Ana Soler Fernández, Yano Yoro e Francisca García Jáñez

Ana Soler Fernández, Yano Yoro e Francisca García Jáñez.

A obra plástica e literaria de dúas pintoras, Ana Soler e Yano Yoro, e unha poeta, Francisca García Jáñez, conforman esta exposición titulada Kokoro e centrada no mundo oriental feminino. Está esbozada como un diario emocional onde mente, corpo e espírito fúndense para celebrar a vida.

Poderá contemplarse ata o 30 de novembro, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas.

"SEMINARIO JOSÉ ANTONIO CIMADEVILA COVELO DE ESTUDIOS JACOBEOS", organizado pola Asociación de Amigos de los Caminos de Santiago de Madrid

Conferencia de ANA LABORDE MARQUEZE, directora de restauración do Pórtico da Gloria: "A RESTAURACIÓN DO PÓRTICO DA GLORIA DA CATEDRAL DE SANTIAGO"

"SEMINARIO JOSÉ ANTONIO CIMADEVILA COVELO DE ESTUDIOS JACOBEOS", organizado pola Asociación de Amigos de los Caminos de Santiago de Madrid

Conferencia de JACQUES CHAUTY, presidente da Asociación Compostelle 2000 (París): "AS PEREGRINAXES CON PERSOAS DE MOBILIDADE REDUCIDA"

Próximos eventos

Presentación da selección de publicacións "CAMBADOS: RECUPERACIÓN DA MEMORIA HISTÓRICA E CONSERVACIÓN DO PATRIMONIO CULTURAL"

14/11/2019 19:30
Selección de libros que reflicten  esforzo editorial realizado durante os últimos anos para difundir a historia de Cambados.

Desde hai anos o Concello de Cambados impulsa diversas iniciativas encol da historia local, coa intención de contribuír ao coñecemento e á conservación do patrimonio cultural.

O acto contará coa participación de Francisco Fernández Rei, catedrático da USC e membro da RAG; José M.ª Pérez "Peridis", arquitecto, humorista e escritor; Javier García Fernández, catedrático emérito de Dereito Constitucional; e Fátima Abal Roma, alcaldesa de Cambados.

A presentación terminará cunha degustación de produtos de Cambados.

Eventos recentes

Presentación do libro "Donde da la vuelta el aire/Onde dá a volta o aire" (Primeiro premio do III Certame Poético Rosalía de Castro), de Mila Villanueva, publicado por Lastura Ediciones

12/11/2019 19:30
Portada do libro

Antonino Nieto Rodríguez, xestor cultural e escritor, presentará o acto acompañado pola propia autora, Mila Villanueva, e a editora, Lidia López Miguel.

No transcurso da presentación o actor Tonino Guitián recitará unha selección de poemas.

Inauguración da exposición de pintura e haikus "Onde o sentimento únese á esencia", de Ana Soler Fernández, Yano Yoro e Francisca García Jáñez

07/11/2019 19:30

A obra plástica e literaria de dúas pintoras, Ana Soler e Yano Yoro, e unha poeta, Francisca García Jáñez, conforman esta exposición titulada Kokoro e centrada no mundo oriental feminino. Está esbozada como un diario emocional onde mente, corpo e espírito fúndense para celebrar a vida.

Poderá contemplarse ata o 30 de novembro, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas.

Exposición de pintura e haikus "Onde o sentimento únese á esencia", de Ana Soler Fernández, Yano Yoro e Francisca García Jáñez

07/11/2019 09:56
Ana Soler Fernández, Yano Yoro e Francisca García Jáñez.

A obra plástica e literaria de dúas pintoras, Ana Soler e Yano Yoro, e unha poeta, Francisca García Jáñez, conforman esta exposición titulada Kokoro e centrada no mundo oriental feminino. Está esbozada como un diario emocional onde mente, corpo e espírito fúndense para celebrar a vida.

Poderá contemplarse ata o 30 de novembro, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas.

Inauguración da exposición de pinturas 2000-2015 e olería, de Francisco G. Lagares

05/11/2019 19:30
"Bandeiras azul e vermella" - Óleo sobre lenzo, 100x 81 cm. (2015)

A presente exposición mostra as tres últimas etapas pictóricas do artista vigués, unidas estreitamente co mundo das matemáticas, que interactúan coa súa colección de cerámica popular que iniciou nos anos 70. Son pezas de gran calidade, orixinalidade estética e técnica.

A mostra poderá visitarse ata o 30 de novembro, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas.

Exposición de pinturas 2000-2015 e olería, de Francisco G. Lagares

05/11/2019
"No salón dos bailes" - Óleo/lenzo, 160 x 200 cm.(2006)

A presente exposición mostra as tres últimas etapas pictóricas do artista vigués, unidas estreitamente co mundo das matemáticas, que interactúan coa súa colección de cerámica popular que iniciou nos anos 70. Son pezas de gran calidade, orixinalidade estética e técnica.

A mostra poderá visitarse ata o 30 de novembro, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas.

Presentación do libro, en edición bilingüe "74 saudades para ascender aos ceos/74 saudades para ascender a los cielos", de MANUEL VILANOVA, editada por Pigmalión

30/10/2019 19:30
Portada do libro

Aos seus setenta e catro anos, Manuel Vilanova, nacido en Ourense en 1944, escribe un libro de setenta e catro poemas. Un libro que é unha recapitulación existencial e, por tanto, un axuste de contas co vivido.

O acto é unha homenaxe póstuma ao autor. Intervirán Vicente Araguas, escritor, profesor e tradutor da obra; e Basilio Rodríguez Cañada, presidente do Grupo Editorial Sial Pigmalión.

Presentación do libro "Camiño de Santiago a Muxía por Brandomil", de Manuel Vilar Álvarez, publicado por Alvarellos

23/10/2019 19:30
Portada do libro

Un roteiro histórico de peregrinaxe por Seoane, Fontecada, A Pereira, Antes, Baíñas e Berdoias é o que inclúe Manuel Vilar Álvarez nesta publicación na que se inclúe plano de lugares e monumentos con 75 reveladoras fotografías.

Participarán, ademais do autor, o presidente da Fundación Brandomil, José Pérez Santos; o subdirector do Museo Nacional de Artes Decorativas, Félix de la Fuente Andrés; o alcalde de Santa Comba, David Barbeira García; e o editor, Henrique Alvarellos.

 

Presentación da novela "HABLA MARIO ", de José de Cora, editada por Edhasa

02/10/2019 19:30
Portada da novela

Así, como no seu día fixo Delibes, José de Cora fálanos dos asuntos eternos do ser humano: a culpa, a soidade, a incomunicación, o sentido da vida. E, con todo, "Habla Mario" revisita desde a máis profunda admiración, unha das grandes obras da nosa literatura e, ao tempo, preséntanos a súa historia desde outro punto de vista, para o lector do século XXI.

Acompañarán ao autor José Manuel Romero, conde de Fontao, e Daniel Fernández, editor e presidente de Edhasa.

 

Presentación do libro "O NOSO CAMIÑO", de Santiago Lamas e Moncho Conde-Corbal, editado por elcercano.com

26/09/2019 19:30
Portada do libro

Este libro-guía, impecablemente escrito por Santiago Lamas, é un instrumento esencial para recuperar este camiño de Nós á pequena ermida de Santo André de Teixido, o cal estaba inxustamente esquecido.

Intervirán no acto: Xaquín López, xornalista de TVE; José García-Calvo, coordinador cartografía e Moncho Conde-Corbal, editor.

Inauguración da exposición de pintura "O NOSO CAMIÑO", de Pilar Quintás e Esperanza Martínez de Salinas

19/09/2019 19:30
"Cara á luz" - Acrílico sobre táboa, 22 x 31 cm. (Pilar Quintás); ""Bosque de Fervenza" - Acrílico sobre táboa, 104 x 67 cm. (Esperanza Martínez de Salinas)

Esta exposición de pintura é un interesante exercicio de análise do efecto fotosensible en dúas vidas parelelas dedicadas á pintura, dous artistas e amigas, con dúas maneiras de narrar a natureza e a luz, nunha viaxe de ida e volta a Galicia e cun obxectivo común ao longo de 25 anos: a arte ao servizo da emoción con, desde e para a Amizade

Poderá visitarse ata o 30 de outubro en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas.