Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Presentación do libro "Contra el mar y el viento", de SANTIAGO LLOVO TABOADA

Data 13/02/2019 19:30

Este libro, publicado por Andavira Editora, é un conxunto de historias, que son contadas polos seus protagonistas, acerca de cómo era a navegación a vela nos séculos XVIII e XIX. Corresponden, en todo caso, á Costa da Morte e algunhas delas foron vividas en Corcubión. O libro foi prologado polo pintor de batallas, Augusto Ferrer-Dalmau.

No acto intervirá, ademais do autor, Lucila Ventoso Casais, directora de Andavira Editora.

O autor de libros como "Mar de Outes" ou "Memoria Salgada dun Pobo" achegarase nesta ocasión ao mundo da navegación á vela nas nosas rías a partir da recompilación de protestas de mar, documentos nos que os capitáns das embarcacións de cabotaxe declaraban o sucedido no caso dun incidente marítimo, abarcando o período comprendido entre mediados do século XVIII e finais do XIX.

Non é unha novela historiada é historia en estado puro, relatos contados en primeira persoa polos protagonistas dos naufraxios e abordaxes que sucederon fronte ás costas galegas cando os barcos navegaban a vela. Son declaracións sacadas das Protestas de mar e que Santiago Llovo atopou no Arquivo Histórico da Universidade de Santiago.

SANTIAGO LLOVO TABOADA naceu en Santiago de Compostela. É licenciado en Dereito, traballador da Administración Pública Galega e Historiador/escritor afeccionado. Persoa moi vinculada á contorna mariña da ría de Muros e Noia sobre o que xa publicou cinco libros: Memoria salgada dun pobo (tamén en castelán baixo o título de Memoria salada de un pueblo), na que conta a historia do seu benquerido Esteiro; Anaquiños de historia do Concello de Muros, Douscentos anos de salgaduras e conserveiras, O Freixo de Sabardes, A terra dos carpinteiros cos pes mollados, Mar de Outes. Berce dos carpinteiros de ribeira galegos e As salgaduras de Carnota.



Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes

Este libro é moi recomentable para aqueles que lles guste a antiga navegación a vela.

Santiago Llovo Taboada