Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Exposición colectiva "PATAKARTE", do Grupo Pataka

Do 05/02/2019 ó 28/02/2019

O colectivo artístico Pataka, un grupo moi heteroxéneo, de diferentes idades, estilos e disciplinas artísticas, que ten en común a paixón pola arte e a palabra, presenta na Casa de Galicia en Madrid unha mostra ecléctica e variada, que poderá visitarse ata o 28 de febreiro, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas.

Os encontros periódicos de artistas e persoas interesadas pola arte no bar Negreira de Santiago, coñecido como o " Pataca" polo seu afamado petisco de tortilla, deu orixe á constitución do grupo "Pataka". Está formado por nove artistas de distintas disciplinas e estilos que celebran a súa unión de intereses.

"Pataka" está formado polos escultores Alfonso Rivero de Aguilar, Andreas Ruiz, Camilo Seira e Ramón Conde; así como os artistas que combinan pintura e escultura, J. Méndez e Vicente Ruiz Soldevilla; o pintor Jorge Agra; Pilar Feás, que traballa a fotografía e Carita Dubrovin que desenvolve o seu labor artístico sobre teares, fíos e teas.

Nesta exposición conxunta, cada integrante mostra a súa maneira de entender a arte, unha variedade de obras que vai desde a escultura á pintura ou a fotografía; a arte pop ou o surrealismo á arte povera ou á corrente Codeco ou bokeh; desde os materiais máis clásicos como a pedra, a madeira, o bronce á bosta ou o cemento; dos lenzos ás teas de saco; dos obxectos atopados ás representacións mitolóxicas.



Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes

A exposición "PATAKARTE" do Grupo Pataka poderá visitarse nas instalacións da Casa de Galicia en Madrid do 5 ao 28 de febreiro de 2019.