Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

<< xaneiro, 2019 >>
luns martes mércores xoves venres sábado domingo
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31

Hoxe

Exposición de pintura "EVOCACIÓNS", de Victoria Ramírez Escudero

NAUTICO DA CORUÑA, ANOS 80 - óleo - 116 x 90 cm.

A pintura de Victoria Ramírez é elegante, equilibrada e busca sen ambaxes a beleza. Cunha depurada técnica ao óleo, que se reflicte nun perfecto dominio da color e o uso da luz aportando lirismo ás súas composicións, plasma nos seus lenzos diferentes lugares do noso país, desde monumentos emblemáticos como a Cibeles en Madrid ata o mar da súa Galicia natal.

Trátase, pois, dunha mostra que está directamente dirixida aos sentidos e á sensibilidade do visitante, que poderá contemplarse ata o 28 de xuño, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas.

Exposición de escultura "dous mil dezanove", de MIGUEL COUTO

EN FEMININO III - Bronce (á cera perdida) - 33 x 33 x 12 cm.

O escultor Miguel Couto (Malpica, 1971) presenta unha mostra de escultura figurativa, na que dá a coñecer as súas últimas series (en feminino) como o froito dun momento de inspiración. Trátase dun proceso de construción en barro e unha posterior fundición en bronce que veñen ser experiencias maxistrais ao servizo dun resultado estético.

A harmonía dos seus grupos escultóricos caracterizada por unha sinxeleza espontánea poderá contemplarse ata o 28 de xuño, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas.

Próximos eventos

Presentación do concurso express de curtametraxes "Valdeorras: denominación de cinema", da produtora Sintelobos

19/06/2019 12:30
Cartel do concurso express: "Valdeorras: denominación de cine"

Este concurso, patrocinado pola Denominación de Orixe de Valdeorras, pretende converter durante unha semana a comarca de Valdeorras nun estudio de cinema, onde os equipos realizarán unha curtametraxe completa nun prazo de 5 días.

Presentación da novela "El centurión proscrito", de MANUEL ROMAY LÓPEZ, publicada por Éride Ediciones

20/06/2019 19:30
Portada da novela, publicada por Éride Ediciones.

Nesta ocasión, Manuel Romay presenta unha novela de fondo histórico na que relata as aventuras dun centurión oriúndo da súa aldea por todo o Imperio Romano escapando da xustiza do emperador.

O atuor estará acompañado por Pilar Falcón Osorio, presidenta do Club de Periodistas Gallegos en Madrid; e o editor Ángel Jiménez.

Mesa Redonda "GALICIA POLO MUNDO-MEIGAS SAVE THE TALENT", por Ana Simoneta, Elías Casado e Emilio Froján

24/06/2019 19:30

Que competencias están a desenvolver hoxe os mozos? Cales necesitarán? Estamos preparados para o era 4.0?

Expertos en talento novo cóntannos as claves para ser capaces de achegar valor á sociedade nunha etapa de constante cambio.

Eventos recentes

Presentación da novela "HASTA LOS ANDARES", de Laura Orens, editada por Grupo Tierra Trivium

10/06/2019 19:30
Portada da novela

Trátase dunha novela policiaca, un relato orixinal e suxestivo, que se desenvolve no ámbito rural galego e onde calquera do seus personaxes podería ter motivos para ser o asasino.

O acto será presentado polo escritor e guionista Juanjo Ramírez Mascaró.

Presentación da novela "SÁNDALO", de María Xosé Porteiro, publicada pola Editorial Galaxia

06/06/2019 19:30
Portada do libro

"Sándalo", a nova novela da xornalista e escritora María Xosé Porteiro, fai un percorrido sentimental pola historia de Galicia e Cuba nos últimos 200 anos a través de diversas historias das migracións.

Intervirán na presentación, ademais da súa autora, Pilar Pin, ex directora xeral da Cidadanía Española no Exterior; Alfonso S. Palomares, escritor e xornalista; e Ángeles Sallé, doutora en Ciencias Sociais e especialista en temas de inclusión dixital e desenvolvemento económico.

Inauguración da exposición de escultura "dous mil dezanove", de MIGUEL COUTO

05/06/2019 19:30
EU, COMIGO - Bronce (á cera perdida) - 40 x 33 x 18 cm.

O escultor Miguel Couto (Malpica, 1971) presenta unha mostra de escultura figurativa, na que dá a coñecer as súas últimas series (en feminino) como o froito dun momento de inspiración. Trátase dun proceso de construción en barro e unha posterior fundición en bronce que veñen ser experiencias maxistrais ao servizo dun resultado estético.

A harmonía dos seus grupos escultóricos caracterizada por unha sinxeleza espontánea poderá contemplarse ata o 28 de xuño, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas.

Exposición de escultura "dous mil dezanove", de MIGUEL COUTO

05/06/2019 08:32
EN FEMININO III - Bronce (á cera perdida) - 33 x 33 x 12 cm.

O escultor Miguel Couto (Malpica, 1971) presenta unha mostra de escultura figurativa, na que dá a coñecer as súas últimas series (en feminino) como o froito dun momento de inspiración. Trátase dun proceso de construción en barro e unha posterior fundición en bronce que veñen ser experiencias maxistrais ao servizo dun resultado estético.

A harmonía dos seus grupos escultóricos caracterizada por unha sinxeleza espontánea poderá contemplarse ata o 28 de xuño, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas.

Inauguración da exposición de pintura "EVOCACIÓNS", de Victoria Ramírez Escudero

04/06/2019 19:30
"NÁUTICO DA CORUÑA, ANOS 80", óleo - 116 x 90 cm

A pintura de Victoria Ramírez é elegante, equilibrada e busca sen ambaxes a beleza. Cunha depurada técnica ao óleo, que se reflicte nun perfecto dominio da color e o uso da luz aportando lirismo ás súas composicións, plasma nos seus lenzos diferentes lugares do noso país, desde monumentos emblemáticos como a Cibeles en Madrid ata o mar da súa Galicia natal.

Trátase, pois, dunha mostra que está directamente dirixida aos sentidos e á sensibilidade do visitante, que poderá contemplarse ata o 28 de xuño, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas.

Exposición de pintura "EVOCACIÓNS", de Victoria Ramírez Escudero

04/06/2019 05:22
NAUTICO DA CORUÑA, ANOS 80 - óleo - 116 x 90 cm.

A pintura de Victoria Ramírez é elegante, equilibrada e busca sen ambaxes a beleza. Cunha depurada técnica ao óleo, que se reflicte nun perfecto dominio da color e o uso da luz aportando lirismo ás súas composicións, plasma nos seus lenzos diferentes lugares do noso país, desde monumentos emblemáticos como a Cibeles en Madrid ata o mar da súa Galicia natal.

Trátase, pois, dunha mostra que está directamente dirixida aos sentidos e á sensibilidade do visitante, que poderá contemplarse ata o 28 de xuño, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas.

Presentación do libro "A obra xornalística de José Gómez de la Cueva (Johan Carballeira)", de Francisco Rodríguez Pastoriza, publicado por Edicións Laiovento

29/05/2019 19:30
Portada do libro.

Neste libro o autor compila e estuda boa parte da produción no xornalismo de opinión e noutros ámbitos de Johan Carballeira. Recupéranse e contextualízanse os máis dos seus traballos xornalísticos que viron a luz en xornais e revistas, clasificados con utilidade por bloques temáticos e ordenados cronoloxicamente.

Acompañará ao autor, o escritor e crítico literario Vicente Araguas.

Presentación do libro "Algunos abuelos de la democracia", de ALFONSO GARCÍA LÓPEZ

21/05/2019 19:30
Portada do libro

Con esta obra o autor preséntanos o resultado de anos de investigación sobre os perfís dos avós dalgúns dos políticos demócratas máis relevantes dos nosos días: Rajoy, Zapatero, Iglesias, Rivera e Sánchez.

Acompañará ao autor no acto de presentación José Luis Rodríguez-Villasante, Xeral Conselleiro Togado do Corpo Xurídico Militar (r) e ex director do Dº Internacional Humanitario de CRE.

Conferencia didáctica "Audicións de música celta. A etiqueta das músicas atlánticas", por FERNANDO MOLPECERES, mestre gaiteiro da Real Banda da Deputación de Ourense, co gallo do "Día das Letras Galegas"

20/05/2019 19:30
Fernando Molpeceres, mestre gaiteiro da Real Banda da Deputación de Ourense.

O acto celébrase en colaboración coa Asociación de Música e Investigación Albedro e a súa Banda de Gaitas Lume de Biqueira.

A charla incluirá unha serie de audicións relevantes de grupos senlleiros da chamada música celta, coma se dun programa de radio tratásese, explicando a importancia do grupo no mundo da música folk. Previamente farase unha análise sobre este tipo de música e a súa relación co celtismo militante.

Presentación do libro "La jubilación, una nueva oportunidad", de BARTOLOMÉ FREIRE, publicado pola editorial LID

09/05/2019 19:30
Portada do libro, publicado pola Editorial LID

Xubilarse implica expoñerse a múltiples cambios que supoñen novos retos e oportunidades, pero pode ser un período moi satisfactorio se se atopan metas que che dean sentido.

O Dr. Bartolomé Freire ofrecerá algunhas claves para obter o máximo partido da vida de xubilado.

No acto de presentación acompañarán ao autor Alfonso S. Palomares, escritor e xornalista; e Carlos Mingote Adán, médico psiquiatra e psicanalista.