Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

<< novembro, 2019 >>
luns martes mércores xoves venres sábado domingo
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30

Hoxe

Exposición de pintura e escultura "ESPAZO-TEMPO", de Fondevila

"FRONTEIRA DO PRESENTE" - Óleo/lenzo, 92 x 73 cm.

Esta mostra combina unha colección das súas pezas escultóricas máis representativas, unha serie xeométrica de hipercubos repletas de simbolismo, cun conxunto de óleos que viran ao redor de conceptos xeométricos, físicos e matemáticos.

Unha obra chea de suxerencias e mensaxes para o espectador reflexivo, que se interesa por mirar máis aló da primeira impresión, e que poderá visitarse ata o 30 de decembro, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas.

Próximos eventos

Presentación do libro "Cuento de la Travesía de las Musas", de João Pedro Mésseder, publicado por Hércules de Ediciones

16/12/2019 19:30
Portada do libro

No acto intervirán, ademais do autor, a ilustradora Raquel Senra Fernández; e a editora, Laura Rodríguez Herrera.

Presentación do libro, editado polo Consello da Cultura Galega, CANCIONEIRO DA SEITURA DE MANZANEDA E TERRAS DE TRIVES, do musicólogo galego Xosé Lois Foxo

19/12/2019 19:30
Portada do libro

Unha compilación de máis de 300 pezas musicais populares da zona que supón unha extensa recompilación e estudo antropolóxico dos cánticos agrarios e festivos desta comarca ourensá, levado a cabo por Xosé Luis Foxo, director da Real Banda de Gaitas de Ourense, ao longo de corenta anos de investigación.

Participarán, ademais do autor, os alcaldes dos concellos da comarca a que se refire o cancioneiro, e Fernando Molpeceres, folklorista e gaiteiro, que fará a presentación.

O acto contará con breves intervencións musicais de cantareiras e da Banda de Gaitas Lume de Biqueira.

Eventos recentes

Inauguración da exposición conmemorativa da constitución do Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento "SETENTA E CINCO ANOS AO SERVIZO DE GALICIA (1944-2019)"

10/12/2019 19:30
Portada do catálogo da exposición.

A Casa de Galicia en Madrid acollerá do 10 ao 30 de decembro a exposición que conmemora o 75 aniversario do Instituto Gallego Padre Sarmiento mediante un percorrido pola historia e significado da institución.

A mostra consta duns paneis nos que se profunda tanto na traxectoria histórica do centro como na importancia da biblioteca e as coleccións que atesoura.

O acto será presentado por Alfonso Rueda Valenzuela, vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza; e por Eduardo Pardo de Guevara y Valdés, director do Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento.

Inauguración da exposición de pintura e escultura "ESPAZO-TEMPO", de José Antonio Fondevila

03/12/2019 19:30
"ÁS DE BOLBORETA", 80 x 70 x 70 cm.

Esta mostra combina unha colección das súas pezas escultóricas máis representativas, unha serie xeométrica de hipercubos repletas de simbolismo, cun conxunto de óleos que viran ao redor de conceptos xeométricos, físicos e matemáticos.

Unha obra chea de suxerencias e mensaxes para o espectador reflexivo, que se interesa por mirar máis aló da primeira impresión, e que poderá visitarse ata o 30 de decembro, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas.

Exposición de pintura e escultura "ESPAZO-TEMPO", de Fondevila

03/12/2019 13:14
"FRONTEIRA DO PRESENTE" - Óleo/lenzo, 92 x 73 cm.

Esta mostra combina unha colección das súas pezas escultóricas máis representativas, unha serie xeométrica de hipercubos repletas de simbolismo, cun conxunto de óleos que viran ao redor de conceptos xeométricos, físicos e matemáticos.

Unha obra chea de suxerencias e mensaxes para o espectador reflexivo, que se interesa por mirar máis aló da primeira impresión, e que poderá visitarse ata o 30 de decembro, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas.

Concerto poético-musical "A MULLER E O SILENCIO SONORO DA SÚA MÚSICA", polo Grupo Coral Accento

28/11/2019 19:30
Grupo Coral Accento

O Coro Accento, dirixido por Aldo Cano e integrado por unha trintena de voces, caracterízase pola versatilidade, a flexibilidade do seu repertorio e unha mirada ampla sen complexos aos diversos estilos e épocas, co fin de que o grupo se adestre na expresividade dos distintos xéneros corais.

Conferencia "PERSONAXES, ANÉCDOTAS E CURIOSIDADES DO SÉCULO XIX ESPAÑOL", por José María Peláez Valle

27/11/2019 19:30

O relator fará unha visión global da violencia dominante, practicamente ininterrompida ao longo de todo o período, analizando as súas causas e aludindo a fontes autorizadas como os historiadores Américo Castro, Sánchez Albornoz ou Salvador de Madariaga.

Para iso, seleccionará as vidas, anécdotas, singularidades e comportamentos de todo tipo de personaxes: reis, guerrilleiros, militares, bandidos, políticos, artistas ou toureiros que destacaron no ámbito do confuso século XIX.

Presentación do libro "PEPE CASTEDO. VIDA Y AZARES. De la Guerra Civil Española a la Revolución Cultural China", de XULIO RÍOS, publicado por Teófilo Edicións

21/11/2019 19:30
Portada do libro

Participarán no acto, ademais do autor: Felipe de la Morena y Calvet, ex embaixador de España en China; Juan Morillo, escritor; José Luis Teófilo Piñeiro, editor; e Ana Fuentes, xornalista.

Xulio Ríos reivindica, nun emotivo relato biográfico escrito en castelán e chinés, a figura do único experto español que quedou no país durante a Revolución Cultural. Un galego de Madrid (1914-1982) que viviu en primeira persoa a Guerra Civil española e a Revolución Cultural chinesa. Primeiro, exiliado republicano en Francia; despois admirado docente en Beijing.

Unha vida chea de azares e consagrada aos seus ideais. Unha figura que importa rescatar do esquecemento, a do primeiro profesor de español distinguido coa Orde de Alfonso X O Sabio polos seus méritos educativos en chinesa.

Presentación do libro de poemas "Ayer y todavía", de Vicente Araguas, editado polo Grupo Editorial Pigmalión

18/11/2019 19:30
Portada do libro.

Neste poemario formado por 42 pezas, o autor, ademais de referencias culturais varias, recolle vivencias persoais, primeiras relacións de parella, situacións familiares, pasaxes da súa infancia e adolescencia, un compendio de historias que contextualizadas ou lidas en voz alta polo propio Vicente aínda resultan máis enriquecedoras, apaixoadas e conmovedoras.

Participará no acto, ademais do autor, Basilio Rodríguez Cañada, presidente do grupo editorial Sial Pigmalión.

Presentación da selección de publicacións "CAMBADOS: RECUPERACIÓN DA MEMORIA HISTÓRICA E CONSERVACIÓN DO PATRIMONIO CULTURAL"

14/11/2019 19:30
Selección de libros que reflicten  esforzo editorial realizado durante os últimos anos para difundir a historia de Cambados.

Desde hai anos o Concello de Cambados impulsa diversas iniciativas encol da historia local, coa intención de contribuír ao coñecemento e á conservación do patrimonio cultural.

O acto contará coa participación de Francisco Fernández Rei, catedrático da USC e membro da RAG; José M.ª Pérez "Peridis", arquitecto, humorista e escritor; Javier García Fernández, catedrático emérito de Dereito Constitucional; e Fátima Abal Roma, alcaldesa de Cambados.

A presentación terminará cunha degustación de produtos de Cambados.

"SEMINARIO JOSÉ ANTONIO CIMADEVILA COVELO DE ESTUDIOS JACOBEOS", organizado pola Asociación de Amigos de los Caminos de Santiago de Madrid

13/11/2019 20:00

Conferencia de JACQUES CHAUTY, presidente da Asociación Compostelle 2000 (París): "AS PEREGRINAXES CON PERSOAS DE MOBILIDADE REDUCIDA"

"SEMINARIO JOSÉ ANTONIO CIMADEVILA COVELO DE ESTUDIOS JACOBEOS", organizado pola Asociación de Amigos de los Caminos de Santiago de Madrid

13/11/2019 19:00

Conferencia de ANA LABORDE MARQUEZE, directora de restauración do Pórtico da Gloria: "A RESTAURACIÓN DO PÓRTICO DA GLORIA DA CATEDRAL DE SANTIAGO"