Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

<< outubro, 2019 >>
luns martes mércores xoves venres sábado domingo
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31

Hoxe

Exposición de esculturas "AS MIÑAS RAÍCES", de Xosé Manuel Rodríguez (MOXOM)

O escultor ourensán presenta unha colección de obras realizadas a partir de troncos de madeira de diversa procedencia, que grazas ao seu talento cobran vida e crecen con gran personalidade figurativa. A madeira convertida en personaxe, cunha historia e cunha experiencia narrada a través de pinceladas cheas de pigmentos e materiais espontáneos.

Poderá visitarse ata o 28 de febreiro, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas.

Exposición de pintura "Paisaxes do camiño", de María José Rodríguez

SANTIAGO NOCTURNO - Acrílico sobre tablilla

Mª José Rodríguez volve a Madrid  cunha mostra de pintura cunha importante carga de espiritualidade e universalidade. Deixa atrás o seu habitual eclecticismo para centrarse nun discurso reflexivo, nun relato de experiencias ou aproximación a estas, onde a pluralidade de culturas é unha constante.

Esta exposición poderá visitarse ata o 28 de febreiro, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas.

Próximos eventos

Entrega do Premio "Memorial José Antonio Díaz Reneses aos Valores da Tuna" ao Museo Casa de la Troya (Santiago de Compostela)

24/02/2020 19:30
Imaxe da "Casa de la Troya", en Santiago de Compostela

No transcurso do acto lembrarase a figura de Alejandro Pérez Lugín no 150 Aniversario do seu nacemento; proxectarase o documental "A Compostela de La Casa de la Troya" e haberá unha actuación musical a cargo de "Troyanos de Compostela" da Asociación de Antiguos Tunos Compostelanos.

Presentación do cómic "La espada de San Eufrasio. Un pacto con Satanás", de Pepe Rey, Miguel Fernández e Manuel López Poy, publicado por Diábolo Ediciones

27/02/2020 19:30
Portada do cómic.

Intervirán no acto: Pepe Rey, Miguel Fernández e Manuel López Poy, autores da obra; e Lorenzo Pascual, editor de Diábolo Ediciones.

Os guionistas Pepe Rey e Manuel López Poy e o debuxante de Baralla Miguel Fernández regresan coa terceira entrega do cómic A espada de San Eufrasio. Un pacto con Satanás. A obra leva aos lectores ás loitas polo control do territorio e do Camiño de Santiago nos anos previos á Revolta Irmandiña.

Eventos recentes

Presentación da LII FEIRA DO COCIDO DE LALÍN

06/02/2020 19:30
Cartel da LII do Cocido de Lalín 2020

Lalín prepárase para celebrar o domingo 16 de febreiro a LII Feira do Cocido, unha das festas máis importantes do calendario galego que hoxe, tras cincuenta e dous anos que se desenvolve de forma ininterrompida, constitúe o seu emblema e sinal de identidade no mundo.

Participarán no acto de presentación o alcalde de Lalín, José Crespo Iglesias; o presidente da ONCE Miguel Carballeda; e a xornalista Sonsoles Ónega, que será a pregoeira nesta edición.

Inauguración da exposición de pintura "Paisaxes do camiño", de Mª José Rodríguez

05/02/2020 19:30
SANTIAGO NOCTURNO - Acrílico sobre tablilla

Mª José Rodríguez volve a Madrid  cunha mostra de pintura cunha importante carga de espiritualidade e universalidade. Deixa atrás o seu habitual eclecticismo para centrarse nun discurso reflexivo, nun relato de experiencias ou aproximación a estas, onde a pluralidade de culturas é unha constante.

Esta exposición poderá visitarse ata o 28 de febreiro, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas.

Exposición de pintura "Paisaxes do camiño", de María José Rodríguez

05/02/2020 09:38
SANTIAGO NOCTURNO - Acrílico sobre tablilla

Mª José Rodríguez volve a Madrid  cunha mostra de pintura cunha importante carga de espiritualidade e universalidade. Deixa atrás o seu habitual eclecticismo para centrarse nun discurso reflexivo, nun relato de experiencias ou aproximación a estas, onde a pluralidade de culturas é unha constante.

Esta exposición poderá visitarse ata o 28 de febreiro, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas.

Inauguración da exposición de esculturas "AS MIÑAS RAÍCES", de Xosé Manuel Rodríguez (MOXOM)

04/02/2020 19:30

O escultor ourensán presenta unha colección de obras realizadas a partir de troncos de madeira de diversa procedencia, que grazas ao seu talento cobran vida e crecen con gran personalidade figurativa. A madeira convertida en personaxe, cunha historia e cunha experiencia narrada a través de pinceladas cheas de pigmentos e materiais espontáneos.

Poderá visitarse ata o 28 de febreiro, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas.

Exposición de esculturas "AS MIÑAS RAÍCES", de Xosé Manuel Rodríguez (MOXOM)

04/02/2020 10:49

O escultor ourensán presenta unha colección de obras realizadas a partir de troncos de madeira de diversa procedencia, que grazas ao seu talento cobran vida e crecen con gran personalidade figurativa. A madeira convertida en personaxe, cunha historia e cunha experiencia narrada a través de pinceladas cheas de pigmentos e materiais espontáneos.

Poderá visitarse ata o 28 de febreiro, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas.

Presentación do libro "BRANQUIAZUL. Historia oral de los años dorados del Dépor", de Marcos Gendre, editado por Contra

21/01/2020 19:30
Portada do libro

O libro documenta, a partir do testemuño de máis de sesenta persoas relacionadas co club herculino, os anos de auxe do fútbol galego e, máis concretamente, os éxitos colleitados polo RCD A Coruña en diversas competicións nacionais e europeas.

Intervirá no acto, ademais do autor, o xornalista Xosé Hermida.

Presentación do primeiro poemario en galego "O DONO DO DERRADEIRO MINUTO. Cincuenta poemas en galego", de Luis García Montero

20/01/2020 19:30
Portada do libro.

Trátase dunha antoloxía da súa poesía onde hai poemas de case todos os seus libros, versos escritos ao longo de máis de trinta anos.

É, pois, unha mostra da súa poesía traducida ao galego por Isaac Xubín.

Participarán no acto de presentación: Pablo Bonet, secretario dos libreiros de Madrid, poeta e escritor; Isabel Patiño Amboage, directora de Tulipa Editora; e Sabela García, que acompañará ao autor recitando en galego unha selección de poemas.

Inauguración da exposición de pintura "GALICIA: NATUREZA VIVA E COLORISTA", do pintor pontevedrés Laureano Troitiño

09/01/2020 19:30
ONDA ATLÁNTICA - Óleo sobre lenzo, 38 x 46 cm.

Composta por unha colección de óleos sobre lenzo que se poderá visitar desde o 8 ata ao 31 de xaneiro, a mostra está formada por cadros de imaxes galegas, cun estilo realista e mesmo  figurativo, nos que se plasma a paisaxe autóctona principalmente de tema mariño, aínda que tamén se recrean instantáneas do interior e de montaña. A temática máis recorrente na súa obra é a natureza viva. A localización dos cadros pasa por lugares próximos como Cuntis, Catoira, Cotobade, Pontevedra ou Portonovo.

Inauguración da exposición de pintura "COLOR, FORMA: ESES MISTERIOS", de Amparo Salgueiro

08/01/2020 19:30
"Un Cárcere Dourado" - Acrílico sobre Madeira - 40 x 79,5 cm - 2019

Amparo Salgueiro volve a visitar a Casa de Galicia en Madrid para mostrar unha nova serie de obras, caracterizadas por unha gran diversidade de formas e colores. Formas que tratan de expresar ou suxerir algo interior; e que responden a unha necesidade de crear, de buscar e plasmar subxectivamente a beleza.

Poderá visitarse ata o 31 de xaneiro, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas.

Presentación do libro, editado polo Consello da Cultura Galega, CANCIONEIRO DA SEITURA DE MANZANEDA E TERRAS DE TRIVES, do musicólogo galego Xosé Lois Foxo

19/12/2019 19:30
Portada do libro

Unha compilación de máis de 300 pezas musicais populares da zona que supón unha extensa recompilación e estudo antropolóxico dos cánticos agrarios e festivos desta comarca ourensá, levado a cabo por Xosé Luis Foxo, director da Real Banda de Gaitas de Ourense, ao longo de corenta anos de investigación.

Participarán, ademais do autor, os alcaldes dos concellos da comarca a que se refire o cancioneiro, e Fernando Molpeceres, folklorista e gaiteiro, que fará a presentación.

O acto contará con breves intervencións musicais de cantareiras e da Banda de Gaitas Lume de Biqueira.