Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Inauguración da exposición "FACENDO CAMIÑOS, FACENDO MEMORIA", en colaboración coa Federación Alzhéimer Galicia (FAGAL)

Data 06/02/2019 19:30

Esta exposición, que conta coa colaboración da Consellería de Política Social e o CERMI-Galicia, ten como obxectivo sensibilizar sobre unha realidade crecente na nosa sociedade e que afecta a máis de 400.000 persoas na nosa comunidade.

A Federación Alzhéimer Galicia cumpre en maio os seus vinte anos de historia. É por este motivo e seguindo o seu obxectivo de desenvolver actividades de sensibilización social respecto á problemática que as demencias provocan, que esta entidade leva a cabo unha exposición fotográfica na que se reflicte o traballo diario, servizos e proxectos que se desenvolven nas súas asociacións federadas, así como a realidade do envellecemento e as demencias na comunidade autónoma de Galicia.

Preténdese, pois, mostrar o traballo das asociacións de familiares de persoas con alzhéimer e outras demencias galegas ao longo de 20 anos de historia como entidades federadas, e expoñer a realidade do envellecemento, o alzhéimer e outras demencias en Galicia.

A exposición está formada por un total de 20 paneis nos que se recollen fotografías do traballo realizado polas asociacións de familiares e de persoas con algunha demencia, así como por figuras e gráficos que explican como repercute esta enfermidade nunha sociedade altamente envellecida como é a galega.



Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes

O obxectivo principal de FAGAL é o de mellorar a calidade de vida das persoas que sofren alzhéimer e outras demencias e a dos seus coidadores.

Promover a creación de recursos e o desenvolvemento da investigación social e clínica é outro dos seus obxectivos.

A formación e a atención ás familias coidadoras de persoas con enfermidades neurodexenerativas é outra das súas prioridades.