Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Conferencia didáctica "Audicións de música celta. A etiqueta das músicas atlánticas", por FERNANDO MOLPECERES, mestre gaiteiro da Real Banda da Deputación de Ourense, co gallo do "Día das Letras Galegas"

Data 20/05/2019 19:30

O acto celébrase en colaboración coa Asociación de Música e Investigación Albedro e a súa Banda de Gaitas Lume de Biqueira.

A charla incluirá unha serie de audicións relevantes de grupos senlleiros da chamada música celta, coma se dun programa de radio tratásese, explicando a importancia do grupo no mundo da música folk. Previamente farase unha análise sobre este tipo de música e a súa relación co celtismo militante.

Como consecuencia do descoñecemento xeral sobre este tipo de música o relator desenvolveu hai años unha serie de audicións destinadas aos seus alumnos sobre a "Música Celta", entendida ésta como a etiqueta comercial baixo a que as grandes discográficas agruparon a música folk dos chamados "países celtas" (Irlanda, Escocia, Cornualles, Ila de Man, Gales, Cape Breton, Bretaña, a Iberia Celta -Galicia, Asturias, Norte de Portugal- e outros territorios de ultramar) desde os anos 60 do pasado século ata a actualidade.

Previamente ás audiciones, e pese a que los termos poderían ser intercambiables ou mesmo ser un único termo, aclarará o alcance desa etiqueta das músicas atlánticas dos últimos 50/60 anos, "Música Celta", en contraposición co concepto de "Música dos Celtas", que non é obxecto desta charla didáctica, e que se referiría á orixe, historia e pervivencia da música tradicional dos pobos do arco atlántico desde a antigüidade ata os nosos días.

Tamén, e antes das audicións, explicarase a orixe desa etiqueta comercial, "Música Celta", aparecida a raíz do revival da música folk que se produciu principalmente en Estados Unidos e o Reino Unido nos anos 60 do pasado século, con cunha especial atención a ese rexurdir na Galicia dos 70, unha década despois. 
Tras a breve charla introductoria darán comezo as audicións, aproximadamente 15 pezas, seleccionadas polo relatore das que se explica o motivo do seu interese, así como datos sobre os intérpretes e a melodía. 

FERNANDO MOLPECERES aprendeu guitarra flamenca cos mestres Rafael Nogales e Andrés Baptista. Formouse como Mestre Gaiteiro na Real Banda da Deputación de Ourense.

É profesor de gaita na Banda de Gaitas Lume de Biqueira desde 2005 ata a actualidade. É colaborador habitual do Anuario da Gaita.

Pronuncia conferencias por toda España, incluíndo a Escola de Gaitas da Deputación de Ourense ou o prestixioso conservatorio Mayeusis de Vigo, relacionados co mundo da gaita: historia, gaitas do mundo, iconografía, xéneros tradicionais da música galega, música celta, etc.



Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes

Fernando Molpeceres, mestre gaiteiro da Real Banda da Deputación de Ourense.