Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Rolda de prensa-presentación do 21 Congreso Nacional de Hospitais e Xestión Sanitaria: "INNOVACIÓN: CAMIÑO DA SUSTENTABILIDADE" (só medios e profesionais)

Data 03/04/2019 14:00

A rolda de prensa iniciarase as 14:00 horas; posteriormente, ás 16:00 horas, terá lugar a presentación do Congreso aos profesionais do sector.

Durante máis de 40 anos e a través das súas vinte edicións, o Congreso Nacional de Hospitais converteuse nun referente en Xestión Sanitaria e eixo sobre o que foron presentadas as innovacións máis relevantes neste ámbito.

Neste Congreso, que se celebrará en Santiago de Compostela os próximos días 8, 9 e 10 de maio, os directivos da Saúde analizarán en profundidade a situación e problemáticas actuais camiñando na súa contribución como colectivo a favor da creación de valor e sustentabilidade do sistema sanitario.

Máis de 300 relatores, expertos en diferentes ámbitos do sector sanitario, analizarán, a través de seis áreas temáticas ao redor da innovación, futuras solucións estratéxicas, modelos asistenciais, cambios normativos, cronicidade, experiencia do paciente e tendencias, modelos de xestión, tecnoloxía, marca e imaxe, e demais temas de interese para os directivos sanitarios.



Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes