Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Presentación-rolda de prensa "RADIO CAMINO DE SANTIAGO"

Data 11/04/2019 11:00

Un novo e innovador medio de comunicación na rede, de alcance internacional, creado en 2016, pioneiro no sector, cuxos principais protagonistas son o Camiño de Santiago e os peregrinos. Os seus obxectivos primordiais son a investigación, promoción, divulgación e fomento do coñecemento e actividades de interés cultural do Camiño, con especial énfase na colaboración entre os diversos axentes públicos e privados (asociacións e/ou organismos públicos) vinculados ao Camiño para a preservación do seus valores como patrimonio cultural e relixioso a nivel mundial.

Intervirá na presentación Ernesto Díaz e Nekane Soto, cofundadores e codirectores e o seu colaborador Fran Contreras Gil, xornalista e escritor.

Radio Camiño de Santiago naceu en febreiro de 2016, da paixón de tres peregrinos (Svetlana, Francisco e Manuel) e renaceu en xuño do mesmo ano, coa nova dirección da man de Ernesto Díaz e Nekane Soto, mantendo o protagonismo dos peregrinos, informando a tempo real de todas as noticias sobre o Camiño de Santiago e dedicando o seu tempo libre a apoiar o labor de difundir o seu verdadeiro espírito, creando un espazo propio desde onde poder dar voz a moitas voces afíns e camiñar xuntos ata o infinito e máis aló.

Este proxecto lévase a cabo sen ningún financiamento, que non sexa da achega dos seus colaboradores.

A súa intención é chegar a todos os públicos: peregrinos a pé, en bicicleta, en burro, a cabalo ou en cadeiras de rodas, tanto aos que están no camiño, como aos que van comezalo, aos que xa realizaron a ruta xacobea en diversas ocasións e aos que lles seguen desde as súas casas.

Son xa unha rede de alcance internacional onde teñen cabida todas as culturas, todas as persoas que dunha ou outra maneira, aman o Camiño de Santiago e desexan contribuír a que o seu espírito orixinal perdure e se expanda.



Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes