Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Inauguración da exposición de escultura e cadros cerámicos "HAI MULLERES", de Alfonso Otero Regal

Data 03/03/2020 19:30

O artista mariñán reivindica con esta mostra o seu profundo feminismo a través dunha serie de esculturas cerámicas elaboradas en alta temperatura (1.340°C), gres refractario, esmaltes, óxidos e decoración realizada totalmente a man con pincel.

Poderá visitarse ata o 30 de marzo, en horario de 10 a 14 h. e de 16 a 20 h. Festivos: de 10 a 14 horas.

A exhibición consta dunha serie de pezas que mesturan as letras coa plástica e o material esencial da obra de Otero Regal, a cerámica. O traballo colectivo de poetas, literatos e xornalistas amósase en galego e castelán; a cada un deles pediu o escultor un escrito vencellado co nome dunha muller, e para cada relato o mariñán aportou un cadro ou unha efixie.

Alfonso Otero Regal naceu na vila de Foz, concretamente en Nois, en 1952. Estudou pintura con Puchades en Mondoñedo, na Escola Massana de Barcelona, e no Seminario de Estudos Cerámicos en Sargadelos. Tamén realizou un curso con Cumellas na cidade condal. Traballou no seu propio taller de cerámica utilitaria, na Regal Cerámica de Viveiro, onde segue na actualidade.

Desde a década de finais dos anos 60, foi formándose en técnicas de debuxo e pintura e máis tarde en cerámica, profesión que leva exercendo nestes últimos trinta anos.

Estudou na escola Massana, e ao finalizar os seus estudos seguiu dando clases e traballou con alfareiros ata que chegou a Zaragoza onde traballou con Galdeano facendo murais e traballos varios.

Zaragoza, Mieres, Sargadelos foron os pasos previos a montar o seu propio taller.

En 2002, adquiriu unha vella fábrica en ruinas de Viveiro, para crear o que agora é o Complexo Regal-Xunqueira.

A cerámica e o mundo de Regal, aínda que toca outras técnicas como o grabado, a literatura, a ilustración e o debuxo, desenvólvese en dous campos de traballo: por un lado, produce unha cerámica de mercado caracterizada polo seu campo diferencial e, por outro, unha produción artística con características que van desde o expresionismo ata a arte conceptual.

Desde o ano 68, que fixo a súa primeira exposición, realizou unhas 30 exposicións individuais por todo o mundo e unhas 200 colectivas.



Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes

Alfonso Otero Regal (Foz-Lugo, 1952)