Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Presentación do libro, editado polo Consello da Cultura Galega, CANCIONEIRO DA SEITURA DE MANZANEDA E TERRAS DE TRIVES, do musicólogo galego Xosé Lois Foxo

Data 19/12/2019 19:30

Unha compilación de máis de 300 pezas musicais populares da zona que supón unha extensa recompilación e estudo antropolóxico dos cánticos agrarios e festivos desta comarca ourensá, levado a cabo por Xosé Luis Foxo, director da Real Banda de Gaitas de Ourense, ao longo de corenta anos de investigación.

Participarán, ademais do autor, os alcaldes dos concellos da comarca a que se refire o cancioneiro, e Fernando Molpeceres, folklorista e gaiteiro, que fará a presentación.

O acto contará con breves intervencións musicais de cantareiras e da Banda de Gaitas Lume de Biqueira.

Este novo traballo pretende recoller a herdanza intanxible, traducida nos cantos e músicas que predominaban en Manzaneda e na contorna das Terras de Trives antes da invención dos discos e da radio.

Aquelas que os xograres, hai oitocentos anos, ían ensinando de lugar en lugar, e que as xentes adaptaban aos seus códigos, amoldándoas aos seus esquemas musicais e lingüísticos.

De forma especial os cantos da seitura, baseados na técnica antifonal, desenvolveron formas propias derivadas da alternancia dos grupos seitureiros.

Determinados romances foron adoptados pola xente de Manzaneda como cantos propios da seitura, creando un estilo musical diferencial deste labor, ata converter melodías errantes en propias.
 



Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes

Portada do libro