Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Exposición de pintura "COLOR, FORMA: ESES MISTERIOS", de Amparo Salgueiro

Do 08/01/2020 ó 31/01/2020

Amparo Salgueiro volve a visitar a Casa de Galicia en Madrid para mostrar unha nova serie de obras, caracterizadas por unha gran diversidade de formas e colores. Formas que tratan de expresar ou suxerir algo interior; e que responden a unha necesidade de crear, de buscar e plasmar subxectivamente a beleza.

Poderá visitarse ata o 31 de xaneiro, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas.

Amparo Salgueiro Martínez nace en Panxón-Nigrán, provincia de Pontevedra. Doutora en Farmacia, exerce a súa profesión durante anos nesa mesma localidade, seguindo a tradición familiar no Val Miñor.

A súa paixón pola cor e a forma acompáñana desde a súa infancia, pero non é ata o ano 2002 cando comeza a realizarse ao iniciar a súa faceta de pintora da man de Fernando  Alea en Málaga, e posteriormente, do 2004 ao 2013 realiza sucesivamente os estudos de Pintura e Debuxo na Escola de Artes e Oficios de Vigo. Tamén recibiu leccións do mestre Antón Puído e Puri del Palacio.

Desde 2007 participa en diferentes certames e a súa obra foi exposta en varias ocasións: "Naturaleza y Sentimientos", (2010), Confederación de Empresarios de Pontevedra en Vigo); "Evoluciones" (2012). Sala de Exposicións do BBVA en Vigo; "Rojo, Verde e…" (2014). Sede da Fundación  COFARES en Madrid; e "Realidad y Fantasía" (2014). Sede en Vigo da Confederación de Empresarios de Pontevedra.

É común a toda a súa pintura as diferentes cores e tons unidos. Ningún é ensombrecido por outro, ningún queda con menor beleza. Todos con vida propia e luz conviven  armoniosamente e mesmo uns realzan a beleza dos outros, reforzándose mutuamente cun resultado vibrante.



Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes

"Un Cárcere Dourado" - Acrílico sobre Madeira - 40 x 79,5 cm - 2019

"Soño Roto" - Acrílico sobre Madeira - 100 x 100 cm - 2017

"Unha Paixón Vencida" - Acrílico sobre Lenzo e Madeira - 70 x 50 cm - 2019

Amparo Salgueiro utiliza o contraste cromático para expresar diferentes emocións e sentimentos.