Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Inauguración da exposición de pintura e haikus "Onde o sentimento únese á esencia", de Ana Soler Fernández, Yano Yoro e Francisca García Jáñez

Data 07/11/2019 19:30

A obra plástica e literaria de dúas pintoras, Ana Soler e Yano Yoro, e unha poeta, Francisca García Jáñez, conforman esta exposición titulada Kokoro e centrada no mundo oriental feminino. Está esbozada como un diario emocional onde mente, corpo e espírito fúndense para celebrar a vida.

Poderá contemplarse ata o 30 de novembro, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas.

ANA SOLER presenta unhas geishas reservadas e á vez cheas de felicidade transformada en quietude, contemplación e recoñecemento. Todas elas desprenden emotividade e, ao mesmo tempo, vitalidade. Os cadros están pintados con tinta chinesa e auga sobre papel de algodón cento por cento natural. En todos eles o movemento é libre e espontáneo. A tinta, que flúe e esparexe unhas veces de forma controlada e outras ao azar, crea suxestivas veladuras.

YANO YORO deléitanos cunha serie de mulleres nipoas que respiran plenitude amorosa. Como sumidas nunha sutil levedade, parecen sobrevoar un mundo celestial para aterrar nun universo corporal cheo de lixeireza que as mergulla nunha ilusión de goce amoroso. Son reproducións realizadas coa técnica sumi-e, en papel de arroz e tinta, manipuladas con computador e estampadas mediante impresión dixital de alta calidade en papel de algodón cento por cento natural.

FRANCISCA GARCÍA JÁÑEZ acompaña os cadros das dúas pintoras con delicados haikus que complementan literariamente o espírito nipón da exposición. Poemas que incitan á reflexión e que foron xurdindo ao contemplar cada mirada, cada xesto e cada movemento. Signos lingüísticos asociados a estados de ánimo. Letras e pensamentos que flúen en segundos e permiten deslizar a imaxinación. Todos resoan e destilan beleza, transparencia, intimidade, fluído, esencia, vida.



Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes

Haiku de Francisca García Jáñez

Obra de Ana Soler Fernández

Obra de Yano Yoro

Ana Soler Fernández, Yano Yoro e Francisca García Jáñez.