Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Inauguración da exposición de pintura "EVOCACIÓNS", de Victoria Ramírez Escudero

Data 04/06/2019 19:30

A pintura de Victoria Ramírez é elegante, equilibrada e busca sen ambaxes a beleza. Cunha depurada técnica ao óleo, que se reflicte nun perfecto dominio da color e o uso da luz aportando lirismo ás súas composicións, plasma nos seus lenzos diferentes lugares do noso país, desde monumentos emblemáticos como a Cibeles en Madrid ata o mar da súa Galicia natal.

Trátase, pois, dunha mostra que está directamente dirixida aos sentidos e á sensibilidade do visitante, que poderá contemplarse ata o 28 de xuño, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas.

VICTORIA RAMÍREZ ESCUDERO nace na Coruña. Na súa cidade natal e desde moza comeza a relacionarse co mundo artístico, iniciando na Escola de Artes e Oficios a súa formación nas técnicas pictóricas e o modelado.

Despois dun tempo apartada da súa formación artística, reencóntrase coa súa vocación primeiro creando na privacidade de seu fogar diversos e orixinais traballos manuais e máis tarde asistindo ao Estudo da pintora M. Bardasano onde a súa predilección pola arte da pintura termina de perfilarse. Transcorrida esta incursión formativa na técnica pictórica, empeza a participar en diferentes cursos intensivos de retrato, paisaxe e bodegón no Taller del Prado de Madrid, que a levan a protagonizar diversas exposicións, tanto individuais como colectivas, e recibir diferentes premios.



Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes

"NÁUTICO DA CORUÑA, ANOS 80", óleo - 116 x 90 cm

"BODEGÓN", óleo - 81 x 100 cm (Seleccionado no LXXXV Salón de Outono)

"CIBELES, MADRID" - óleo - 80 x 60 cm

"IBIZA" - acrílico - 80 x 100 cm