Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Presentación da novela "SÁNDALO", de María Xosé Porteiro, publicada pola Editorial Galaxia

Data 06/06/2019 19:30

"Sándalo", a nova novela da xornalista e escritora María Xosé Porteiro, fai un percorrido sentimental pola historia de Galicia e Cuba nos últimos 200 anos a través de diversas historias das migracións.

Intervirán na presentación, ademais da súa autora, Pilar Pin, ex directora xeral da Cidadanía Española no Exterior; Alfonso S. Palomares, escritor e xornalista; e Ángeles Sallé, doutora en Ciencias Sociais e especialista en temas de inclusión dixital e desenvolvemento económico.

A novela –a segunda de Porteiro, 18 anos despois da primeira, Covardes– arrinca en 1823 coa execución do comandante Rafael del Riego, protagonista da sublevación liberal de 1820. A partir de aí, empézanse a tecer historias que teñen que ver con guerras, con independencias e cambios sociais que se van dando paralelamente entre Galicia e Cuba.

É unha novela que trata de recompoñer a historia común dos dous pobos e acaba por resolver unha historia puntual dunha familia.

A novela responde á suxerencia que o escritor e lingüista Anxo Tarrío fíxolle á súa autora hai corenta anos de que escribise sobre a súa experiencia na emigración.

Porteiro, de pai galego e nai asturiana, naceu en Madrid, pero pasou a súa infancia en Cuba, ata os 14 anos. A necesidade de escribir a novela fíxose forte na autora hai unha década, ao seu regreso de Arxentina e Uruguai, onde foi delegada da Xunta e reencontrouse co mundo da emigración.

Mª Xosé Porteiro. Licenciada en Publicidade, xornalista, escritora e política.

Traballou en El Pueblo Gallego, La Voz de Vigo, Radio Popular, La Voz de Galicia, Tiempo e El País. Así mesmo, foi xefa de prensa do Concello de Vigo e directora de INCOLSA, do Museo del Ferrocarril de Madrid e da Dirección de Comunicación da Fundación de los Ferrocarriles Españoles. Ademais, publicou narrativa e ensaio. Foi concelleira en Vigo, deputada no parlamento galego e no Congreso dos Deputados, membro das Asembleas Parlamentarias do Consello de Europa e da Unión Europea Occidental, e delegada de Galicia no Exterior. Ten a Encomenda ao Mérito Civil.



Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes

Portada do libro

Mª Xosé Porteiro