Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Presentación do concurso express de curtametraxes "Valdeorras: denominación de cinema", da produtora Sintelobos

Data 19/06/2019 12:30

Este concurso, patrocinado pola Denominación de Orixe de Valdeorras, pretende converter durante unha semana a comarca de Valdeorras nun estudio de cinema, onde os equipos realizarán unha curtametraxe completa nun prazo de 5 días.

Púidose comprobar que a comarca de Valdeorras é un estudio con moitísimas posibilidades para levar a cabo unha produción audiovisual. Isto débese á riqueza de recursos dos que dispón a zona.

Por este motivo naceu a idea de realizar un concurso nacional de curtametraxes, onde se rodará no prazo de 5 días en toda a comarca, entre o 26 de agosto e o 1 de setembro.

O requisito indispensable para que a curtametraxe sexa aceptada no concurso é gravar nalgunha das localizacións propostas pola organización.



Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes

Cartel do concurso express: "Valdeorras: denominación de cine"