Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Presentación da novela "El centurión proscrito", de MANUEL ROMAY LÓPEZ, publicada por Éride Ediciones

Data 20/06/2019 19:30

Nesta ocasión, Manuel Romay presenta unha novela de fondo histórico na que relata as aventuras dun centurión oriúndo da súa aldea por todo o Imperio Romano escapando da xustiza do emperador.

O atuor estará acompañado por Pilar Falcón Osorio, presidenta do Club de Periodistas Gallegos en Madrid; e o editor Ángel Jiménez.

A plácida vida de Marco Victorinus, ex centurión e curial do Imperio Romano en Lucus Augusti, crébase de maneira drástica cando, interpoñéndose entre outro centurión e o seu servo Lucilo, aquel resulta morto. Tomado prisioneiro esixe ser xulgado en Roma, ao que ten dereito por ser cidadán romano, pero por inimizade co tribuno que mandaba as tropas é desviado ás minas de Sil en Montefurado, con instrucións de que nunca chegue ao seu destino, o que lle obriga a tramar a fuga en compañía do seu servo e un grupo de escravos, cos que inicia un periplo de aventuras que o irán afastando do seu lugar de procedencia.

As circunstancias volven reunir a Marco e ao tribuno en Roma e ten que fuxir de novo, facéndoo a outras minas de ouro no Exeo, actividade da que traía experiencia das do Sil. En viaxe pola próxima Tracia intervén en episodios épicos que o fan relacionarse con Helena e a súa familia, condicionando a súa vida, aínda que non lle faltarán aventuras: desde liberar ao seu servo que foi feito prisioneiro en Alexandría, ata burlar aos piratas…

Manuel Romay López (1941) que naceu en San Martín de Ombreiro (Ponte Umbrarium en época romana) de onde fai oriúndo ao protagonista desta novela, é un escritor tardío, pois comeza a súa actividade literaria á xubilación.

Iníciase cunha xenealoxía da súa familia na aldea que lle viu nacer, continúa con Historia, costumbres y leyendas de una aldea de Lugo-San Martiño de Ombreiro, e séguelle a novela María Balteira – A soldadeira máis fermosa da Corte do Rei Sabio.



Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes

Portada da novela, publicada por Éride Ediciones.

Manuel Romay López