Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Presentación da LII FEIRA DO COCIDO DE LALÍN

Data 06/02/2020 19:30

Lalín prepárase para celebrar o domingo 16 de febreiro a LII Feira do Cocido, unha das festas máis importantes do calendario galego que hoxe, tras cincuenta e dous anos que se desenvolve de forma ininterrompida, constitúe o seu emblema e sinal de identidade no mundo.

Participarán no acto de presentación o alcalde de Lalín, José Crespo Iglesias; o presidente da ONCE Miguel Carballeda; e a xornalista Sonsoles Ónega, que será a pregoeira nesta edición.

Desta maneira, Lalín volve ser capital da gastronomía  galega, e tamén española, e un escaparate dun produto gastronómico de primeira calidade que traspasa fronteiras e que é a suma de esforzos construídos ao longo dos anos coa audacia e o esforzo dos lalinenses.

Nesta 52ª edición comezan unha nova etapa, tras o recoñecemento da Feira do Cocido de Lalín como a primeira feira gastronómica en España declarada como Festa de Interese Turístico Internacional. Esta distinción supón o máximo recoñecemento que se pode alcanzar neste ámbito e, neste caso, tratarase da primeira festa gastronómica en logralo en todo o Estado, unha tradución que se remonta a máis de 50 anos na comarca  do Deza.

A declaración supón a culminación dun proceso que a Xunta vén apoiando nos últimos anos e que ocupa un lugar destacado no modelo turístico galego, a  enogastronomía.

A xornalista e escritora Sonsoles Ónega será a pregoeira desta nova edición da Festa  Do Cocido de Lalín 2020.



Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes

Cartel da LII do Cocido de Lalín 2020