Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Presentación do libro "PEPE CASTEDO. VIDA Y AZARES. De la Guerra Civil Española a la Revolución Cultural China", de XULIO RÍOS, publicado por Teófilo Edicións

Data 21/11/2019 19:30

Participarán no acto, ademais do autor: Felipe de la Morena y Calvet, ex embaixador de España en China; Juan Morillo, escritor; José Luis Teófilo Piñeiro, editor; e Ana Fuentes, xornalista.

Xulio Ríos reivindica, nun emotivo relato biográfico escrito en castelán e chinés, a figura do único experto español que quedou no país durante a Revolución Cultural. Un galego de Madrid (1914-1982) que viviu en primeira persoa a Guerra Civil española e a Revolución Cultural chinesa. Primeiro, exiliado republicano en Francia; despois admirado docente en Beijing.

Unha vida chea de azares e consagrada aos seus ideais. Unha figura que importa rescatar do esquecemento, a do primeiro profesor de español distinguido coa Orde de Alfonso X O Sabio polos seus méritos educativos en chinesa.

José Castedo Carracedo (1914-1982), nacido en Madrid de nai ferrolá, fixo historia na China de Mao. Tras a guerra civil, obtivo en Francia o estatuto de refuxiado político e en 1964 cambiou París por Pequín, onde impartiría docencia ata 1979. Cóntase que ademais traballou en diferentes publicacións e medios informativos e que mesmo colaborou na edición en español do Libro Rojo de Mao. O goberno español recoñecería a súa excelencia educativa outorgándolle a Orde de Alfonso X O Sabio, sendo o primeiro en ser digno desta distinción en razón dos seus méritos educativos en China.

Tombábase no chan da aula para explicar a palabra «deitarse», levaba á boca un xiz cando se trataba de «gustar». Mímica, debuxos na lousa, cancións, baile, xogos, así como saídas fose da aula. Esa era a maneira que tiña Pepe Castedo Carracedo, O Galego (1914-1982), de ensinar castelán aos seus alumnos do Instituto de Linguas Estranxeiras de Pequín entre 1964 e 1979. Un método que rompía os canons establecidos ata entón. Tratábase do proceso inverso ao que seguían os poucos profesores chineses de español que había entón.



Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes

Portada do libro

Xulio Ríos, autor do libro