Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Presentación da selección de publicacións "CAMBADOS: RECUPERACIÓN DA MEMORIA HISTÓRICA E CONSERVACIÓN DO PATRIMONIO CULTURAL"

Data 14/11/2019 19:30

Desde hai anos o Concello de Cambados impulsa diversas iniciativas encol da historia local, coa intención de contribuír ao coñecemento e á conservación do patrimonio cultural.

O acto contará coa participación de Francisco Fernández Rei, catedrático da USC e membro da RAG; José M.ª Pérez "Peridis", arquitecto, humorista e escritor; Javier García Fernández, catedrático emérito de Dereito Constitucional; e Fátima Abal Roma, alcaldesa de Cambados.

A presentación terminará cunha degustación de produtos de Cambados.

Cambados presentará na Casa de Galicia de Madrid o esforzo editorial realizado os últimos anos para difundir e preservar parte da súa memoria, patrimonio e historia máis recente. Será a través dun total de 12 títulos que tocan temas como o centenario da Confraría de Pescadores, a máis antiga de España, a biografía do escultor Francisco Asorey ou unha narración histórica sobre un dos seus símbolos, a Torre de San Sadurniño.

En concreto, os libros para presentar son: "Breve historia de Cambados", de Jacobo Domínguez; "O noso mar" e " Cen anos de historia", do centenario da Confraría; "A memoria das palabras", un traballo realizado por estudantes dos IES sobre os seus maiores; "Francisco Asorey, escultor galego", de Maribel Iglesias; "A torre e a sombra", de Sindo Mosteiro; "Apuntes y recuerdos de la escuela del convento", de Antonio Magariños; " Vocacións e ideais de Plácido Castro"; a revista cultural " Cen Follas", elaborada pola asociación do mesmo nome; "O cine en Cambados", de Sabela Pillado; e "Memorias da represión franquista en Cambados", de Xosé Ramón Paz Antón.



Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes

Selección de libros que reflicten  esforzo editorial realizado durante os últimos anos para difundir a historia de Cambados.