Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Presentación do libro "O NOSO CAMIÑO", de Santiago Lamas e Moncho Conde-Corbal, editado por elcercano.com

Data 26/09/2019 19:30

Este libro-guía, impecablemente escrito por Santiago Lamas, é un instrumento esencial para recuperar este camiño de Nós á pequena ermida de Santo André de Teixido, o cal estaba inxustamente esquecido.

Intervirán no acto: Xaquín López, xornalista de TVE; José García-Calvo, coordinador cartografía e Moncho Conde-Corbal, editor.

É un libro-guía do camiño emprendido por catro persoas desde Ourense a Santo André de Teixido, para abrir este roteiro, hoxe esquecido, en homenaxe a quen o fixo por primeira vez, no ano 1927: Ramón Otero Pedrayo, Vicente Risco e Ben-Cho-Shey e que posteriormente deu lugar a un libro titulado "Pelegrinaxes".

Sempre co pensamento posto naqueles intelectuais creadores da Xeración Nós, estas persoas percorreron os 262 quilómetros de distancia a pé pasando por todos os puntos que eles mesmos citaron, sexan aldeas, pobos, ou cidades, narrándoo coa súa propia mirada.

"O Noso Camiño" tamén quere dar visibilidade ao tan nomeado actualmente rural abandonado, xa que o roteiro, que pasa por localidades de Ourense, Lugo e A Coruña, inclúe paraxes hoxe sen xentes.



Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes

Portada do libro