Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Presentación do libro "Donde da la vuelta el aire/Onde dá a volta o aire" (Primeiro premio do III Certame Poético Rosalía de Castro), de Mila Villanueva, publicado por Lastura Ediciones

Data 12/11/2019 19:30

Antonino Nieto Rodríguez, xestor cultural e escritor, presentará o acto acompañado pola propia autora, Mila Villanueva, e a editora, Lidia López Miguel.

No transcurso da presentación o actor Tonino Guitián recitará unha selección de poemas.

Onde dá a volta o aire é unha homenaxe aos ancestros da autora, á fala e á terra onde se criou, lembrando a súa nenez e os personaxes que habitaron nela.

MILA VILLANUEVA, natural de Vigo, desprázase na adolescencia cara ao Mediterráneo onde vive actualmente.

Escritora e xestora cultural, é presidenta da Asociación Cultural Concilyarte. Publicou os libros de haikus « Na Distancia» en galego e castelán. «Editorial» (El taller del poeta 2010). «La luz de Agosto» (Concilyarte 2011) en castelán e portugués e «A la luna de Valencia» (Lastura 2014) en castelán e valenciano. É autora tamén dos poemarios «Bajo la luna de Kislev» (Lastura 2015) e «El viento sobre el lago» (chinés-castelán) (Lastura 2017).

Os seus poemas atópanse en varias revistas, tales como: Crátera ou 21 Versos, e en diferentes antoloxías, como Esta palabra mía (homenaxe a Antonio Machado), Pinazo en versos 2.0 (homenaxe ao pintor) e Huellas de Muller, homenaxe a escritoras valencianas. Foi traducida ao chinés, francés, portugués, italiano, e ruso.

Coordinou así mesmo as antoloxías «PoeMARio», E «era por Mayo», «Angrois», «Miradas para compartir la Luz» e «Teresa para siempre».

É coautora da exposición de poesía visual Dinámica de Fluidos xunto ao deseñador Cándido Solaz, e da exposición de poesía e fotografía Mixture.

Premio Rosalía de Castro de Poesía 2018 da Fundación Rosalía de Castro polo seu poemario «Onde dá a volta o aire».

Publicou coa editorial Olé Libros «Despedidas» con José Lapasió.



Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes

Portada do libro

Mila Villanueva, autora do libro