Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Presentación do libro "Arturo Baltar: El caminante que deshoja paisajes", de Marifé Santiago Bolaños, publicado por Ediciones Huso

Data 23/10/2018 19:30

Ao longo de nove capítulos, a autora viaxa polo universo humano do escultor ourensán entre textos, fotografías e un deuvedé coas palabras do protagonista.

No acto de presentación participarán Marifé Santiago, autora do libro; Nicolás García, de CATORCE Producciones; Raquel Rivera, violinista do Dúo Rivera; Jesús Vázquez, alcalde de Ourense; e Mayda Bustamante, de Huso Editorial.

O escritor ourensán Arturo Baltar pertencía a esa necesaria estirpe de creadores indispensables, cuxo legado se converte en estímulo para o pensamento e a arte. As súas singularísimas obras son retrincos de misterio, fragmentos do gran teatro do mundo, xardíns simbólicos onde se garda a beleza do universo. Este libro, froito do diálogo e, sobre todo, a amizade entre a súa autora e o escultor, achégase, como Arturo Baltar quixo, a todo iso entre o ensaio e a poesía.

O deuvedé, que a autora definiu como un "poema visual", está dirixido por Nicolás García, mentres que a banda sonora póñena o violín e o piano das ourensás Raquel e María Luz Rivera, coa música do falecido Manuel de Falla.

Marifé Santiago Bolaños é Doutora en Filosofía. Profesora Titular de Estética e Teoría das Artes na Universidade Rey Juan Carlos de Madrid. Os seus estudos en torno ao diálogo entre a Filosofía e a Creación artística reflíctense en conferencias, ensaios ou libros como La mirada atlántica: literatura gallega y peregrinación interior, La palabra detenida_una lectura del símbolo en el teatro de Buero Vallejo, Mirar al dios: el teatro como camino de conocimiento o El secreto de ofelia. Teatro, tejidos, el cuerpo y la memoria..

Patroa da Fundación María Zambrano e Académica Correspondente da Real Academia de Historia e Arte de San Quirce, forma parte do Consello Asesor da Reserva da Biosfera do Real Sitio de San Ildefonso-El Espinar. E é vicepresidenta de "Clásicas y Modernas, Asociación para la Igualdad de género en la cultura".

Algunhas das súas obras son as novelas El tiempo de las lluvias, Un ángel muerto sobre la hierba, El jardín de las favoritas olvidadas e La canción de Ruth. Ou os libros de poemas Tres cuadernos de bitácora, Celebración de la espera, El día, los días, La orilla de las mujeres fértiles, El país de los pequeños placeres, Nos mira la piedad desde las alambradas, Las constelaciones del Capitán ou Teoría de los matices, bilingüe español-chino, en diálogo con fotografías de Germán Gómez.

É autora do texto teatral Cuadernos de la niña escondida.

 

 



Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes

Portada e contraportada do libro.