Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Inauguración da exposición de pintura e escultura "ESPAZO-TEMPO", de José Antonio Fondevila

Data 03/12/2019 19:30

Esta mostra combina unha colección das súas pezas escultóricas máis representativas, unha serie xeométrica de hipercubos repletas de simbolismo, cun conxunto de óleos que viran ao redor de conceptos xeométricos, físicos e matemáticos.

Unha obra chea de suxerencias e mensaxes para o espectador reflexivo, que se interesa por mirar máis aló da primeira impresión, e que poderá visitarse ata o 30 de decembro, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas.

Vivencias e fantasías; experiencias e intuicións, conviven e compleméntanse na mente creativa do autor, que busca respostas a través das incógnitas e preguntas que expón a súa obra. Obra extensa e variada que se desenvolve en dúas vertentes: unha crítica, na que manifesta as súas inquietudes e visión particular da realidade, a través de cadros cheos de mensaxes que convidan á reflexión, outra máis libre, colorista e espontánea que utiliza como medio de evasión e de equilibrio emocional.

Pintor autodidacta, nacido en Fiestras-Silleda (Pontevedra) en 1952, reside actualmente no municipio lerense de Lalín.

Diplomado en 1982 pola Universidade Internacional de Arte de Miami.

Nas súas obras predominan as cores azul e dourado plasmados en diferentes formatos, entre os que destacan o táblex, lenzo tradicional ou papel.

A súa primeira exposición individual foi realizada en 1993 no Museo Ramón María Aller de Lalín. Recibiu numerosos premios e distincións e a súa obra figura en diversas publicacións especializadas e medio de comunicación. Participou na 1ª edición de ArteHos.



Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes

"ÁS DE BOLBORETA", 80 x 70 x 70 cm.

"FRONTEIRA DO PRESENTE" - Óleo/lenzo, 92 x 73 cm.

"PLANO ONDULADO" - Ferro e fío de nailon. 80 x 70 x 70 cm.

JOSÉ ANTONIO FONDEVILA