Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Conferencia "A MIRADA DE VALLE INCLÁN", por María de la Figuera, doutora en Filosofía e Letras pola Universidade Complutense

Data 23/04/2019 19:30

A catedrática de Lingua Castelá e Literatura pronunciará unha conferencia que versará sobre dúas obras teatrais do dramaturgo Valle Inclán: a triloxía "Comedias bárbaras", ambientada na Galicia rural de mediados do século XIX e "Divinas palabras", as súa obra teatral máis universal.

María de la Figuera López é autora das publicacións "Unamuno: de la pesadilla nihilista al ensueño de la totalidad" (Revista de Anales del Seminario de Historia de la Filosofía da Universidade Complutense de Madrid), "La risa como expresión lúcida de la paradoja existencial", tese doutoral publicada pola Universidade Complutense de Madrid; e a novela "Son estelas en el mar" (Amazon), ambientada en Cangas do Morrazo.

Impartiu varias conferencias de temáticas diversas: "Hable con ella", Almodóvar en clave lorquiana. Congreso sobre el cine de Almodóvar na Universidade de Castela A Mancha; presentación e reflexión sobre o libro "Últimas noticias del paraíso", de Clara Sánchez, premio Alfaguara de Novela 2000; conferencia sobre o libro do historiador "España, dos milenios de historia", homenaxe ao mencionado historiador no IES que leva o seu nome en Madrid; unha conferencia sobre "Seis poemas galegos de Federico García Lorca"; e "Los libros arden mal".



Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes

Ramón María del Valle-Inclán (Villanueva de Arosa, 1869 - Santiago de Compostela, 1935)