Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Presentación do libro de poesía "CUADERNO DE HOLLYWOOD", de Alfonso Armada, editado por elcercano.com

Data 13/11/2018 19:30

Cuaderno de Hollywood é a obra dun correspondente que, ademais de contar o que ve, quere saber por que o ve. O poeta, como o xornalista, busca a verdade. E Alfonso Armada demostra ser excepcional en ambas as facetas.

Intervirán no acto, ademais do autor, Shirin Salehi, artista; Gonzalo Sánchez Terán, traballador humanitario; e Moncho Conde-Corbal, editor.

Neste libro de Alfonso Armada achamos artistas que deambulan a modo de espectros por avenidas luminosas mentres rememoran un pasado que xa non lles pertence, axentes de policía incapaces de resistirse á corrupción, vagabundos que subsisten nun paraíso deseñado por cirurxiáns plásticos e minorías raciais que regan co seu sangue a árbore da democracia. O cinema é a única relixión posible neste recuncho de California onde os pecadores/perdedores acaban desintegrándose nun motel de estrada, condenados a escoitar eternamente os "ruídos da noite". Estes poemas conteñen imaxes tan informativas que en ocasións parecen fotografías, aínda que estas sexan exhibidas dunha maneira lírica; a crónica fusiónase co verso; os feitos cos soños; a reflexión crítica co amor descontrolado.

ALFONSO ARMADA (Vigo, 1958) é xornalista. Director da revista dixital fronterad, preside a sección española de Reporteros Sin Fronteras.

Entre os seus libros figuran Cuadernos africanos; España, de sol a sol; El rumor de la frontera. Viaje por el borde entre Estados Unidos y México; Nueva York, el deseo y la quimera; Diccionario de Nueva York; El sueño americano. Cuaderno de viaje a la elección de Obama; Mar Atlántico. Diario de una travesía; Sarajevo. Diarios de la guerra de Bosnia; El Celta no tiene la culpa e Por carreteras secundarias.

Ademais de teatro, publicou os poemarios Pita velenosa, porta dos azares; TSC. Diario da noite; Los temporales; Cuaderno ruso e Fracaso de Tánger.



Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes

Portada do poemario pertencente á Colección Eiras Vedras

Alfonso Armada (Vigo, 1958)