Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Presentación do libro "TODOS TENEMOS UN MUERTO", de Francisco Javier Neira Pampín, editado por Galicia Digital

Data 15/11/2018 19:30

Cunha prosa áxil e de fácil lectura, o Dr. Neira Pampín achéganos a unha novela que contén todos os elementos que caracterizan ao xénero policíaco, con certos toques de humor.

Acompañarán ao autor, os xornalistas Francisco Rivera Cela e Xulio Xiz.

O inspector Baena tocou fondo. O alcol, as drogas e o abandono da súa muller e da súa filla Carlota déixano ao bordo da desesperación. As cousas empeoran cando aparece nun escuro canellón da cidade o cadáver do seu compañeiro de traballo Julián. A partir de entón conxúrase para desvelar quen e por que cometeu este asasinato.

Unha serie de personaxes creados pola imaxinación de Javier Neira van aparecendo na vida de Félix Baena, que lle van a levar ao máis sórdido da sociedade onde vive. O sexo, as drogas, as mafias, o amor, a tenrura e a fidelidade conxúganse para facer cada páxina máis atractiva ao lector. Todo isto salpicado con momentos de ironía e cun toque de humor irreverente, que sorprenderá ao lector.

Francisco Javier Neira Pampín naceu en Santiago de Compostela en 1953. Cursou estudos de medicina na mesma cidade e especializouse en Uroloxía, profesión que exerce na cidade de Lugo.

A súa biografía literaria comeza cun libro de poemas titulado Vaite Baixo, ao que seguiron as novelas El quijote de madera e El sabor amargo de la fruta madura.



Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes

Portada da novela

Francisco Javier Neira Pampín (Santiago de Compostela, 1953)