Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Presentación da novela "EN BLANCO", de Manuel Mandianes, publicado por Unomasuno Editores

Data 19/11/2018 19:00

Primeira e moi interesante novela deste sociólogo e antropólogo galego, autor dunha ducia de ensaios a través dos cales acadou fama de pensador profundo e certeiro. "En Blanco" mergúllanos na peripecia persoal dun home que cruza o mundo por un ideal.

Acompañarán ao autor do libro, Andrés Sánchez Magro, editor; Luis Alberto de Cuenca Prado, académico da Real Academia da Historia e da Academia de Buenas Letras e Granada en Madrid e vocal do Real Patronado do Museo del Prado; e José Manuel Vidal, director de Religión Digital.

En Blanco é unha novela que nos mergulla nunha peripecia persoal dun home que cruza o Mundo por un ideal. A selva colombiana é o imaxinario no que este protagonista, fondo e dubitativo, confronta os seus soños cunha realidade vibrante. Mundo cheo de claroscuros, de dilemas éticos, é o contexto para que o espiritual, o carnal, e toda a paleta de cores da vida exprésense como espello dos nosos propios medos. Secuencia de procura onde se expón a cuestión capital de se é posible amar e loitar pola xustiza.

Galego ilustre, misioneiro en Colombia durante 5 anos, Manuel Mandianes estudou e doutorouse en Antropoloxía e en Teoloxía, en Francia, e en Ciencias Políticas, en España. É autor dunha ducia de ensaios, entre eles Loureses un village de la Galice, El valle de Josefat, Las serpientes contra Santiago, Peregrino a Santiago, El fútbol (no) es así, Viaje sin retorno

Pronunciou conferencias e participou en congresos en diferentes países. A súa presenza nos medios de comunicación é constante. Escribe desde hai anos unha vez ao mes en La Tribuna de El Mundo.

 



Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes

Este libro foi editado por Unomasuno Editores.

O antropólogo Manuel Mandianes Castro (Loureses, Ourense, 1942)