Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Discurso del presidente de la Xunta en el acto de inauguración de la Ciudad de la Cultura

Santiago de Compostela 11/01/2011

Altezas, autoridades, amigos e amigas:

Hai moitos aspectos nos que xa terán podido reparar durante o percorrido por esta Cidade da Cultura que Galicia estrea hoxe.

A súa beleza arquitectónica é sorprendente e impactante.

A súa categoría, equiparable a de infraestruturas recoñecidas internacionalmente coma ó MOMA de Nova York, á Ópera de Sidney, ou ao Guggenheim de Bilbao.

E a riqueza cultural que nela poderemos chegar a atopar, tan extensa como a nosa propia historia. Así, aquí apreciamos as primeiras edicións das obras de Rosalía ou de Murguía; e, á vez, chegaremos a ver como neste mesmo lugar latexará o corazón dixital de Galicia ao ritmo dos novos tempos.

A medida que un camiña por este Gaiás percibe dúas sensacións. Nos primeiros pasos que aquí se dan, admiración. E nos seguintes, un entusiasmo que medra segundo se vai avanzando porque canto máis se coñece, máis se comprende e máis se aprecia esta Cidade da Cultura de Galicia e o que os galegos poderemos chegar a obter dela.

Cando Peter Eisenmann debuxou as formas do casco histórico compostelán neste Monte Gaias non foi por casualidade. Ao contrario, el soubo da transcendencia doméstica e internacional que podía chegar a ter esta Cidade da Cultura de Galicia e viu nela un complemento perfecto para un dos símbolos máis importantes da nosa terra como é a Catedral de Santiago. Tanto é así, que ata se podería apreciar certo paralelismo entre elas.

Existen coincidencias na súa concepción, que distingue funcións distintas, pero que ten as mesmas doses de fe e de humanismo.

Existen coincidencias na súa evolución, máis brumosa ó principio, pero cada vez máis resplandecente: non esquezamos, por exemplo, que a Praza do Obradoiro foi durante un tempo unha simple ?explanada' e foi preciso bautizala ata con seis nomes distintos para convertela no que é hoxe: un dos Patrimonios da Humanidade.

Existen coincidencias na súa finalidade: se aquela se converteu nun centro de peregrinación espiritual que custodia os restos do Patrón de España ou de tesouros como o Códice Calixtino; o Gaiás será un centro de peregrinación cultural que resgarde exemplares únicos, como unha das primeiras edicións de Follas Novas, ou os manuscritos do único Premio Nobel de Literatura galego; e que guíe desde hoxe as bibliotecas e os arquivos de Galicia.

E existe ata unha coincidencia temporal, que unirá para sempre, cada ano 11, o aniversario da consagración da Catedral de Santiago e da apertura desta Cidade da Cultura de Galicia, cunha diferenza de oito séculos.

Amigas e amigos. Os galegos, que sempre nos rebelamos contra o inmobilismo --mesmo contra o xeográfico--, volvemos exercer hoxe a paternidade do noso futuro e facémolo coma sempre. Como fixeron os nosos emigrantes cando conquistaron pacificamente medio mundo; ou os nosos empresarios ó internacionalizar nosa economía; ou as xeracións pasadas ó modernizar un dos nosos principais vínculos a Europa, a través do Xacobeo; ou como nós mesmos hoxe. Facémolo cunha concepción aberta da nosa identidade e con grandes doses de esperanza.

Os galegos sempre nos sentimos a gusto poñendo o noso gran de area en grandes proxectos, económicos, políticos ou, como este, culturais. E grazas a iso, nos principais itinerarios culturais do mundo haberá desde hoxe unha nova parada obrigada, con data do século XXI, e con sinal galaico.

Penso que a súa relevancia internacional será, sen dúbida, un revulsivo nestes tempos que precisan máis que nunca de novas ilusións. Pero tamén terá unha repercusión interna certamente importante para reforzar a nosa autoestima colectiva, ao ser este un novo reto que podemos volver superar.

Galicia foi soñada na mente de persoeiros como os que poderemos consultar nesta biblioteca. As súas palabras fixeron posible a supervivencia da nosa terra, apoiáronse en símbolos de convivencia e entendemento, como o Camiño de Santiago, e mesmo no fenómeno da emigración para facer de Galicia punto de encontro entre a vella Europa e América.

Hoxe damos un paso máis que avanza no camiño iniciado e percorrido polos nosos devanceiros. Se durante demasiado tempo garantiron a pervivencia da nosa cultura en solitario e sen respaldo, esta infraestrutura é, debe ser e será o apoio á difusión da obra dos creadores que foron configurando a nosa Cultura no pasado e a de todos aqueles que, agora e no futuro -na escritura, nas artes plásticas, escénicas ou, por exemplo, no audiovisual- seguen a facer de Galicia un País de Cultura no que hai espazo para unha Cidade coma esta.

Durante todo o ano 2010 Galicia asumiu a capitalidade europea da Cultura e fíxoo con éxito ata facer deste último Xacobeo, o mellor da nosa historia. Acadámolo porque o fixemos do xeito en que os galegos nos integramos en España e nos damos a coñecer no mundo. Achegando a cultura que construímos durante séculos e, de paso, achegándonos ás culturas daqueles que nos visitan. Hoxe dámonos unha ferramenta nova, pero sen alterar o que nos caracteriza como un pobo aberto e creativo.

Dalgún xeito, somos peregrinos de nosa propia historia. Como os máis de nove millóns que chegaron a Galicia en 2010, vivimos etapas máis difíciles que outras.

Pero en calquera delas, demostramos que o camiño só se pode realizar paso a paso, e só pode fortalecerse se ningunha xeración deixa de andalo.

Así foi para que hoxe podamos inaugurar esta Cidade da Cultura de Galicia. Tres gobernos e tres partidos contribuíron para que fora posible. O Goberno presidido por Manuel Fraga pensouna, iniciouna e abriu o camiño. O Goberno presidido por Emilio Pérez Touriño tamén creu nela e continuouna. E hoxe, esta Xunta de Galicia continúa o traballo dos seus predecesores e asume a honra de abrir as portas da Biblioteca e do Arquivo desta Cidade da Cultura, e de proseguir, coa racionalidade que esixe este momento, con este proxecto.

O compromiso ininterrompido e colectivo é o que nos permitiu chegar até aquí, e ese mesmo compromiso ininterrompido e colectivo é o que debe guiarnos no futuro, para completar e enriquecer este país con novos instrumentos.

Altezas, quiero poner de manifiesto su presencia. Galicia la agradece enormemente porque es la que concede verdadero valor a esta Ciudad de la Cultura de Galicia, mucho más que un proyecto arquitectónico brillante o un valor cultural extraordinario. Ustedes, que representan el futuro de España, avalan esta mañana también un proyecto de futuro para nuestra nación.

Como he hecho ya en reiteradas ocasiones por su apoyo al Año Santo, quiero también hoy agradecer que avalen con su asistencia esta Ciudad de la Cultura, un icono, útil para Galicia y para España; porque es atrayente y admirable para el resto del mundo.

Gracias por sumarse a esta nueva ilusión desde Galicia y desde España, para Galicia, para España y para el mundo.

Muchas gracias. Moitas grazas a todos.

Imaxes