Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Eventos especiais

"Lingua e cultura galegas", curso de iniciación ao galego na Xunta en Madrid

A Casa de Galicia en Madrid, sede da Delegación da Xunta na capital de España, ofrece o curso presencial de galego "Lingua e cultura galegas" cun amplo programa dirixido a cantas persoas, galegas ou non, desexen iniciarse e/ou mellorar no idioma, así como adquirir coñecementos básicos tamén en historia, arte, literatura e cuestións de sociolingüística no ámbito galego. As persoas interesadas poden coñecer a convocatoria  picando AQUÍ. Quen desexe inscribirse poderán facelo do 16 de setembro ao 4 de outubro (ambos os incluídos) descargando e enchendo a correspondente SOLICITUDE que deberá presentarse para o seu rexistro nas oficinas da Casa de Galicia (c/ Casado del Alisal, 8. 28014 Madrid) ou en calquera rexistro habilitado para tal efecto. O curso é gratuíto e conta con só 25 prazas polo que se terá en conta a orde de entrada.

A Casa de Galicia en Madrid, distinguida pola Enxebre Orden da Vieira co "Trofeo Galeguidade 2019"

A Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia foi distinguida pola Enxebre Orden da Vieira co Trofeo Galeguidade 2019 a persoa xurídica, que será recollido o sábado 23 de marzo polo delegado da Xunta e director da Casa, José Ramón Ónega, no transcurso da celebración do Quincuaxésimo segundo Capítulo Xeral da entidade, que se celebrará no transcurso dunha prolongada velada nun coñecido hotel de Madrid.

José Ramón Ónega recibiu a Medalla de Ouro da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo por "o apoio á marca turístico-gastronómica "...E para comer, Lugo" e o seu gran labor á fronte da Casa de Galicia"

1. O delegado da Xunta en Madrid José Ramón Ónega recibe o galardón do presidente de Apehl Cheché Real.

O delegado da Xunta en Madrid e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega, recibiu a Medalla de Ouro da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo, que preside Cheché Real, "non só polo labor de apoio incondicional á marca turístico-gastronómica "...E para comer, Lugo", senón tamén polo gran labor que desempeña á fronte da Casa de Galicia en Madrid, proxectando no exterior as excelencias da nosa Comunidade Autónoma". O acto de entrega tivo lugar no transcurso dunha cea no restaurante Val da localidade lucense en Antas de Ulla.