Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Finalizado o prazo de inscrición, a Casa de Galicia inicia o curso presencial "Lingua e cultura galegas"

Os solicitantes poden consultar a súa admisión
Madrid, 9 outubro de 2019.

A Casa de Galicia en Madrid iniciará o mércores 16 de outubro o curso presencial de galego "Lingua e cultura galegas", unha vez finalizado o prazo de inscrición que establecía a convocatoria, publicada nesta mesma web desde o pasado 13 de setembro ata o pasado 4 de outubro. Os solicitantes de inscrición no curso poden consultar AQUÍ a súa admisión nel.

O curso ten 70 horas lectivas que se impartirán os mércores laborables, de outubro a xuño, de 18,30 a 20,30 horas, na sede da Casa de Galicia (rúa Casado del Alisal, 8, Madrid). O seu obxectivo é o ensino e perfeccionamento do idioma galego e tamén a transmisión de coñecementos básicos de historia, arte, literatura e cuestións de sociolingüística no ámbito galego, coa finalidade de achegar habilidades comunicativas na lingua galega, tanto na expresión e comprensión oral como escrita, cun nivel de competencia que permita satisfacer as necesidades de comunicación máis elementais. Os obxectivos e as unidades didácticas da programación para este nivel (A2) seguen as directrices do "Marco común europeo de referencia para as linguas".

Este curso é posible grazas ao acordo de colaboración asinado entre a Consellería de Cultura e Turismo (Secretaría Xeral de Política Lingüística) e a Secretaría Xeral da Presidencia para "a realización de actividades de formación en lingua galega na Casa de Galicia en Madrid".

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter