¿Podémosche axudar?
Saúdo do director

A miña cordial e afectuosa benvida ao noso sitio na rede a todos os galegos e aos que, sen selo, aman a nosa cultura, as nosas tradicións, a nosa paisaxe e a nosa hospitalidade. Aquí teñen a súa casa. Ler máis

Exposicións

Exposición de pintura "Deus no capitalismo", de JUAN GONZÁLEZ IGLESIAS

Ata o 31/05/2019
"FALCO LOMBARDI, O MELLOR PILOTO DO ESCUADRÓN STARFOX" - Rotulador 100 x 80 cm.

Juan González Iglesias presenta unha proposta visual, chamativa e provocadora, confusa e á vez nítida. A súa obra, que rompe de forma radical con moitos dos conceptos estrictos da arte convencional, para adentrarse en terreos que van máis alá do plástico, poderá visitarse ata o 31 de maio, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas.

Axenda

maio 2019

Hoxe

Non hai eventos.

Próximos eventos

Presentación do libro "A obra xornalística de José Gómez de la Cueva (Johan Carballeira)", de Francisco Rodríguez Pastoriza, publicado por Edicións Laiovento

29/05/2019 19:30
Portada do libro.

Neste libro o autor compila e estuda boa parte da produción no xornalismo de opinión e noutros ámbitos de Johan Carballeira. Recupéranse e contextualízanse os máis dos seus traballos xornalísticos que viron a luz en xornais e revistas, clasificados con utilidade por bloques temáticos e ordenados cronoloxicamente.

Acompañará ao autor, o escritor e crítico literario Vicente Araguas.

Actualidade

A Conferencia de Directores e Decanos de Enxeñería Química (CODDIQ) celebra a súa Asemblea Xeral na Casa de Galicia en Madrid

1. Pousado dos asistenetes á Asemblea co delegado da Xunta en Madrid José Ramón Ónega.

A Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia acolleu esta mañá a celebración da Asemblea Xeral da CODDIQ á que asistiron máis dunha vintena de profesionais. Este acto, de carácter anual, reúne aos representantes das súas institucións asociadas, centros universitarios onde se imparten os estudos de Enxeñería Química, para informar sobre o estado desta rama da Enxeñería, tanto no ámbito profesional como académico.

Os perfís dos avós de Rajoy, Zapatero, Iglesias, Rivera e Sánchez, no libro de Alfonso García López

1. De esquerda a dereita, o autor Alfonso García López, o delegado da Xunta en Madrid José Ramón Ónega, o xeneral Rodríguez-Villasante e o coordinador de Actividades da Casa Ramón Jiménez.j

Perseguín a verdade con rigor e honradez, á vez que con respecto e neutralidade", dixo Alfonso García López do seu libro "Algunos abuelos de la democracia", no que tras múltiples investigacións traza os perfís dos catro avós dalgúns dos políticos máis relevantes dos nosos días: Rajoy, Zapatero, Iglesias, Rivera e Sánchez. A obra foi presentada esta tarde na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia e o obxectivo do autor, notario xubilado, foi o de "buscar a verdade das súas biografías" baseándose na documentación procedente de máis de trinta arquivos, entre eles, o General da Administración, de Alcalá de Henares; o Centro Documental da Memoria Histórica, de Salamanca; ou o Arquivo Histórico Nacional de Madrid.

Milladoiro, Emilio Cao, Luar na Lubre ou The Chieftains soaron na Casa de Galicia para celebrar o Día das Letras, nas audicións de Molpeceres

1. De esquerda a dereita, Ángel Hernando presidente de Albedro, o delegado da Xunta en Madrid José Ramón Ónega, o coordinador da Casa Ramón Jiménez e o relator, Fernando Molpeceres.

Emilio Cao, Luar na Lubre, Milladoiro, The Chieftains, Gwendal ou Lunasa soaron esta tarde na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia para celebrar o Día das Letras, na conferencia "Audicións de música celta. A etiqueta das músicas atlánticas", a cargo de Fernando Molpeceres, mestre gaiteiro da Real Banda da Deputación de Ourense e profesor de gaita desde 2005 na Banda Lume de Biqueira. O acto, que estivo presidido polo delegado da Xunta en Madrid e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega, realizouse en colaboración coa Asociación de Música e Investigación Albedro e a banda Lume de Biqueira, cuxo presidente Ángel Hernando tamén estivo presente. Molpeceres preparou unha selección de músicas que incluíu grupos e músicos de distintos lugares de Galicia, Irlanda, pasando por Estados Unidos, Escocia ou Bretaña.

Miranda reúnese con directivos das principais entidades galegas de Madrid para trazar as liñas de colaboración cunha das colectividades máis relevantes de España

1.Directivos e representates de entidades galegas en Madrid con Rodríguez Miranda e José Ramón Ónega. Foto de familia previa á reunión.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo hoxe unha xuntanza con directivos das principais entidades e asociacións galegas en Madrid para trazar as liñas de colaboración para os vindeiros meses e repasar a situación dunha das colectividades galegas máis relevantes do país. Á reunión convocada polo departamento autonómico asistiron representantes do Centro Gallego Noroeste de Madrid, a Asociación Galega Corredor de Henares, a Xuntanza de Galegos en Alcobendas, a Federación de Asociacións Galegas en Madrid, o Centro Gallego de la Sierra de Madrid, a Casa de Galicia en Alcorcón, o Centro Gallego de Madrid, a Asociación Cultural Xirandela, o Club de Periodistas Gallegos en Madrid, a Asociación de Empresarios Galegos en Madrid (AEGAMA), a Banda de Música e Investigación Albedro, a Asociación Cultural da Vieira,, a Agrupación Artística Gallega Rosalía de Castro, o Centro Galego de Móstoles, e o Centro Gallego de Tres Cantos.