¿Podémosche axudar?
Saúdo do director

A miña cordial e afectuosa benvida ao noso sitio na rede a todos os galegos e aos que, sen selo, aman a nosa cultura, as nosas tradicións, a nosa paisaxe e a nosa hospitalidade. Aquí teñen a súa casa. Ler máis

Exposicións

Axenda

agosto 2018

Hoxe

Non hai eventos.

Próximos eventos

Inauguración da exposición de pintura "PERSONAXES E FESTAS NA HISTORIA DE GALICIA", de Carlos Santos

06/09/2018 19:30

O pintor colombiano Carlos Santos presenta unha mostra na que os protagonistas son figuras populares que serviron de pregoeiros á internacionalmente coñecida "Feira do Cocido de Lalín", festa gastronómica que enxalza ao porco en todo o seu esplendor e convérteo en mito.

O acto inaugural será o xoves, 6 de setembro ás 19:30 horas, e as obras expostas poderán contemplarse ata o día 29, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas.

Inauguración do XII Congreso Internacional da Asociación Internacional de Estudios Gallegos

10/09/2018 11:00

O Congreso celebrarase do 10 ao 15 de setembro na Facultade de Filoloxía da Universidade Complutense de Madrid (UCM), e nel participarán máis de douscentos especialistas en estudos galegos de diferentes universidades europeas e americanas.

 

Presentación do libro "PINTURA Y FOTOGRAFÍA EN EL SIGLO XIX. UNA APROXIMACIÓN AL ARTE DE DIONISIO FIERROS", de Celia Castro Fernández, publicado por Hércules de Ediciones

20/09/2018 19:30
Portada do libro, editado por Hércules Ediciones

O presente traballo demostra a estreita relación que existiu entre a pintura e a fotografía no século XIX en España, e rastrexa a importancia que esta última tivo no proceso creativo de moitas das pinturas que hoxe coñecemos.

Un percorrido pola pintura e a fotografía do S. XIX, e en especial, pola obra de Dionisio Ferros, que abre novas vías para un estudo máis completo da arte novecentista.

Actualidade

O Concello lucense do Vicedo presentou na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia a celebración da "Romaxe Viquinga 2018"

José Antonio Quelle (Casa da Cultura do Vicedo), o delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, o alcade do Vicedo, José Jesús Novo, o delegado da Xunta en Madrid, José Ramón Ónega, a cantante Andrea Pousa, o senador José Manuel Barreiro e o actor Bruxo Queiman.

O Concello lucense do Vicedo presentou hoxe na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia a celebración da "Romaxe Viquinga 2018", que terá lugar os días 27 e 28 de xullo e que xurdiu tras o descubrimento dun posible asentamento viquingo no municipio. Na presentación interviñeron o alcalde-presidente do municipio, José Jesús Novo Martínez, o delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, José Manuel Balseiro Orol, o dúo artístico Queiman e Pousa, en representación da parte artística do evento, o senador José Manuel Barreiro e o delegado da Xunta en Madrid e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega.

Aegama celebra na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia a súa Asemblea Xeral Ordinaria

Na mesa presidencial da Asemblea, Javier Saguar, vicesecretario, Julio Lage, presidente, Jesús Marón, vicetesorero, e Isabel Noriega, vogal responsable de Comunicación e Redes Sociais.

A Asociación de Empresarios Galegos en Madrid ( Aegama) celebrou hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia a súa Asemblea Xeral Ordinaria, conforme ao establecido nos seus Estatutos. Previamente, a súa Xunta Directiva, encabezada polo presidente, Julio Lage, tivo un encontro preparatorio da Asemblea.

 

"Percepcións", de Manuel Carballeira, na Casa de Galicia no mes de xullo

1. Manuel Carballeira ante a súa obra A IDADE DÁ INOCENCIA.

"PERCEPCIÓNS" é o título da mostra de pintura do artista lucense fincado en Valdoviño, Manuel Carballeira, inaugurada esta tarde, na que ofrece a evolución das súas creacións, o perfeccionamento da súa técnica e a gran calidade das súas obras que son homenaxe a Galicia, pintando as súas paisaxes, mares e xentes. No acto, que estivo presidido polo delegado da Xunta en Madrid e director da Casa, José Ramón Ónega, interviñeron: Pedro Taboada Martínez, creador e editor de www.pintoresgallegos.com, e autor do prólogo do catálogo elaborado para a ocasión e o propio artista, Manuel Carballeira.

FAGAMA celebra o Día das Letras na Casa de Galicia cunha conferencia e un concerto

1. De esquerda a dereita Ovidio Cadenas presidente de FAGAMA, José Ramón Ónega delegado da Xunta en Madrid, a escritora Ánxela Gracián e Fernando Gómez secretario de FAGAMA.

Preto dun centenar de persoas socios e amigos dos diferentes centros e asociacións que integran FAGAMA (Federación de Asociacións Galegas en Madrid) déronse cita esta mañá na Delegación da Xunta en Madrid para celebrar o Día dás Letras, coa conferencia "Vida e obra de M.ª Victoria Moreno" que pronunciou a escritora e crítica Literaria, Ánxela Gracián e o concerto a cargo do grupo coruñés "Os do fondo da barra".