¿Podémosche axudar?
Saúdo do director

A miña cordial e afectuosa benvida ao noso sitio na rede a todos os galegos e aos que, sen selo, aman a nosa cultura, as nosas tradicións, a nosa paisaxe e a nosa hospitalidade. Aquí teñen a súa casa. Ler máis

Exposicións

Exposición de pintura "LALÍN", de Carlos Santos

Ata o 29/09/2018
"Música e viño" - Acrílico 100 x 81 cm. (2017-2018)

O pintor colombiano Carlos Santos presenta unha mostra na que os protagonistas son figuras populares que serviron de pregoeiros á internacionalmente coñecida "Feira do Cocido de Lalín", festa gastronómica que enxalza ao porco en todo o seu esplendor e convérteo en mito.

 As obras expostas poderán contemplarse ata o día 29, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas.

Axenda

setembro 2018

Hoxe

Non hai eventos.

Próximos eventos

Presentación da programación das Festas de San Froilán 2018

24/09/2018 12:30
Cartel anunciador das Festas de San Froilán 2018

Do 3 ao 14 de outubro, Lugo celebrará a súa festa patronal, de interese turístico nacional, San Froilán 2018. A cidade vestirase de festa para gozar dunha programación que estará chea de actividades para todas as idades.

A programación, cada vez máis completa e integradora, está composta por 280 actos, co obxecto de satisfacer a todos os públicos, con gran protagonismo para os artistas locais e a gran presenza do Camiño Primitivo.

Actualidade

A escritora lucense Celia Castro Fernández presentou na Delegación da Xunta o seu libro "Pintura y fotografía en el siglo XIX. Una aproximación al arte de Dionisio Fierros"

Celia Castro Fernández, Ramón Jiménez, Víctor Nieto Alcaide e Laura Rodríguez Herrera, coa portada do libro proxectada na pantalla.

A escritora lucense e catedrática de Historia da Arte Celia Castro Fernández presentou hoxe na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia o seu libro "Pintura y fotografía en el siglo XIX. Una aproximación al arte de Dionisio Fierros", unha obra editada por Hércules de Ediciones que demostra a estreita relación que existiu entre a pintura e a fotografía no século XIX en España e a importancia que esta tivo no proceso creativo de moitas pinturas e fai un percorrido pola pintura e a fotografía do século XIX e, en especial, pola obra de Dionisio Fierros.

"Construíndo relacións comerciais e investimentos con Tunes", por Wacef Chiha

1. De esquerda a dereit, o presidente de AEGAMA Julio Lage, o delegado da Xunta en Madrid José Ramón Ónega, o embaixador de Tunes Wacef Chiha, o director de FIPA Ibrahim Medini e a responsable de Comunicación de AEGAMA Isabel Noriega.

A Delegación da Xunta en Madrid/ Casa de Galicia acolleu esta tarde o relatorio "Construíndo relacións comerciais e investimentos con Tunes" que pronunciou o embaixador de Tunes no Reino de España, Wacef Chiha, primeira do ciclo organizado pola Asociación de Empresarios Galegos en Madrid, (AEGAMA) e cuxo obxectivo é profundar no coñecemento de diferentes países e propiciar contactos e relacións comerciais cos seus socios. Preto de medio centenar de asociados achegáronse á Casa para coñecer máis sobre Tunes.

Redes, territorio e memoria centran o XII Congreso Internacional de Estudios Gallegos

O presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes, o delegado da Xunta e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega, o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e a presidenta da AIEG e directora do Centro de Estudos Galegos da Universidade Complutense de Madrid, Carmen Mejía, na inauguración do Congreso.

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o delegado da Xunta en Madrid, José Ramón Ónega, participaron esta mañá na Delegación da Xunta/Casa de Galicia en Madrid na inauguración do XII Congreso da Asociación Internacional de Estudos Galegos (AIEG), que reúne entre o 10 e o 15 de setembro galicianistas de todo o mundo arredor do tema "Novos horizontes para unha Galicia global: redes, territorio, memoria". Máis de 150 intervencións entre o 10 e o 15 de setembro converterán este encontro de galicianistas en epicentro da investigación sobre lingua, cultura e historia de Galicia.

O pintor colombiano Carlos Santos inaugurou hoxe naDelegación da Xunta/Casa de Galicia a mostra pictórica "Lalín"

O delegado da Xunta, José Ramón Ónega, e o pintor Carlos Santos, ante unha das obras da mostra.

O pintor colombiano Carlos Santos inaugurou hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia a mostra pictórica "Lalín", dedicada á localidade pontevedresa na que reside desde hai tempo -despois de facelo na Coruña- e á súa coñecida festa gastronómica, "O cocido de Lalín". A exposición estará aberta ao público ata o próximo día 29 nas salas A e B da Casa.

Na inauguración interviñeron, ademais do pintor, o delegado da Xunta e director da Casa, José Ramón Ónega, o fotógrafo lalinense Manuel Seixas e a xornalista e presidenta do Club de Xornalistas Galegos en Madrid, Pilar Falcón.