DescargaMedios

  • (2848x4288px., 857 Kb.)
  • (2848x4288px., 911 Kb.)
  • (2848x4288px., 735 Kb.)

Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

O catedrático de Literatura Ángel Basanta explica na Casa de Galicia a importancia da Literatura oral na obra de Cunqueiro

Nunha conferencia ofrecida con ocasión do centenario do nacemento do autor galego
14 de decembro de 2011

 A Literatura oral foi punto de partida, de aprendizaxe, de Álvaro Cunqueiro, que a coñeceu de neno nos faladoiros familiares en Mondoñedo e despois de adulto no seu trato coas xentes dos lugares veciños da súa cidade natal no norte de Lugo. "Daquela existencia cotiá na Galicia popular soubo elevarse ás máis altas cotas literarias, superando sempre o perigo do costumismo, mediante a introdución da maxia, a favor do entendemento antropolóxico da alma galega e a súa proxección universal", segundo expuxo hoxe na Casa de Galicia en Madrid o catedrático de Literatura Española e presidente da Asociación Española de Críticos Literiarios, Ángel Basanta, que ofreceu a conferencia "Oralidade e Literatura: homenaxe a Cunqueiro", ofrecida con ocasión do centenario do nacemento do escritor lucense (Mondoñedo, 22-XII-1911).

Madrid, 14 de decembro de 2011. - A Literatura oral foi punto de partida, de aprendizaxe, de Álvaro Cunqueiro, que a coñeceu de neno nos faladoiros familiares en Mondoñedo e despois de adulto no seu trato coas xentes dos lugares veciños da súa cidade natal no norte de Lugo. "Daquela existencia cotiá na Galicia popular soubo elevarse ás máis altas cotas literarias, superando sempre o perigo do costumismo, mediante a introdución da maxia, a favor do entendemento antropolóxico da alma galega e a súa proxección universal", segundo expuxo hoxe na Casa de Galicia en Madrid o catedrático de Literatura Española e presidente da Asociación Española de Críticos Literiarios, Ángel Basanta, que ofreceu a conferencia "Oralidade e Literatura: homenaxe a Cunqueiro", ofrecida con ocasión do centenario do nacemento do escritor lucense (Mondoñedo, 22-XII-1911).

O conferenciante foi presentado polo delegado da Xunta de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega, que resaltou algúns dos datos do seu amplo currículo así como o feito mesmo de compartir con el e co escritor homenaxeado a súa orixe lucense. Tamén se referiu a Cunqueiro, de quen dixo que foi para el unha referencia e un mito, valorando que "é o autor ao que hai que acudir para liberar a alma" e que "ler a Cunqueiro é vivir Galicia nunha dimensión marabillosa", así como que con el se oe "o rumor do tempo pasado".

Basanta referiuse ao escritor galego como un dos autores máis importantes do século XX e destacou que tanto as novelas escritas por Cunqueiro en galego como as compostas en castelán "son modelos exemplares de artística maridaxe entre recursos da narrativa oral e procedementos de literatura culta, integrando con naturalidade e harmonía realidades galegas e recreacións de personaxes históricos, mitos e lendas e invencións fantásticas do autor". "Cunqueiro soubo harmonizar literatura oral e cultura popular con mitos e lendas orientais (Sinbad), gregos (Ulises, Orestes), o ciclo artúrico (Merlín), o ciclo bretón (Ás crónicas do sochantre) e a Italia renacentista (Fanto Fantini) ", mantivo.

Na última parte da conferencia, o catedrático de Literatura dió conta da narrativa curta incluída por Cunqueiro na triloxía rural formada por "Escola de menciñeiros", "Xente de aquí e de acolá" e " Os outros feirantes". "Nas súas historias, descricións, tipos e anécdotas populares a imaxinación e o talento creador de Cunqueiro moldearon sobre unhas xentes reais na sociedade galega rural daquela época unhas criaturas de ficción nuns textos que constitúen auténticas xoias literarias", explicou.

Anxo Basanta, natural de Pastoriza (Lugo), foi profesor da Universidade de Santiago de Compostela e é, dende 1976, catedrático de Literatura Española no Instituto Rey Pastor de Madrid. Entre outras cousas, exerceu a crítica literaria en varios xornais e revistas, como "ABC Cultural", onde publicou máis de cincocentas recensións, e "El Cultural", onde colabora dende 1998. Codirixiu "Historia da Literatura española" (Ed. Cicel), dirixido a Biblioteca Básica de Literatura de Editorial Anaya e dirixe a Nova Biblioteca Didáctica Anaya. É autor de varios libros dedicados á historia da novela española, realizou edicións comentadas de obras clásicas e é autor da edición, estudo e notas do "Quijote" publicado por Anaya en edición de luxo. Dende febreiro de 2010 é presidente da Asociación Española de Críticos Literarios.

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes