DescargaMedios

Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Costanza de Salas: "Ser galega é o mellor que me pasou"ía haber pasado"

A mostra da artista coruñesa, a cuxa inauguración acudiron máis dun centenar de persoas, poderá verse na Casa ata o 30 de outubro
Madrid, 1 de outubro de 2013

A Exposición de Pintura da artista coruñesa afincada en Madrid, Constanza de Salas inaugurouse na tarde de hoxe na delegación da Xunta en Madrid, Casa de Galicia, coa asistencia de máis dun centenar de persoas. A mostra compóñena unha selección de obras de diferentes etapas da súa longa carreira, na que mantivo o seu estilo. "Sempre traballo sobre os meus propios temas e adoito facelo na rúa, pintando ao natural," comentou. Ademais dixo sentirse moi orgulloso da súa orixe: "Ser galega é o mellor que me podía ter pasado. En Madrid tamén, pero en Galicia é onde me sentín sempre máis querida e arroupada".

A presentación do acto correu a cargo do coordinador de Actividades Culturais da Casa de Galicia, Ramón Jiménez, e nela recordou que "Constanza volve a esta Casa coa súa obra despois de 16 anos", 16 anos exactos xa que o fixo do 1 ao 30 de outubro de 1997, igual que agora, aínda que isto foi froito da casualidade, xa que Jiménez foi o primeiro sorprendido ao revisar os arquivos. O coordinador explicou que se trata dunha artista vocacional que "fixo da pintura o río da súa vida, por cuxa canle foi feliz navegando e encontrou a realización".

Constanza de Salas formouse con Mingorance, Eduardo Santonja e Demetrio Salgado e chegou a dicir que “se considera impresionista ou expresionista segundo o momento”, sendo a súa especialidade "todas ou ningunha", porque pinta aquilo que en cada ocasión a atrae.

Entre os seus temas favoritos está o mar, como filla de mariño que é, polo que pasou longas tempadas en Marín e en Pobra do Caramiñal. "A pintura de Constanza é, en definitiva, un reflexo dela mesma, que se mantén dende sempre á marxe de modas e vangardas, á marxe de calquera "ismo".

A exposición, que conta con máis dunha trintena de cadros, de diferentes medidas e formatos, posúe tamén diferentes temáticas, entre elas as paisaxes urbanas, as rurais, os parques, flores, xoguetes, bonecos, interiores, danza, bodegóns e persoas, dende retratos ata "figuras anónimas, pouco máis que esbozos, sen rostro, debuxadas con escasos trazos que denotan a frescura e a vitalidade da súa pintura".

Jiménez comentou tamén que a pincelada de Constanza "é longa e ancha, sen deterse apenas no detalle, plena de estimulante cor, e con ela transmítenos as súas impresións". Trátase polo tanto dunha pintura alegre coa que mantén unha relación apaixonada. Segundo o crítico de arte Fernando Yraola no prólogo ao catálogo os temas, "elixen a pintora, aos que ela entón corresponde no diálogo común co desenfado da súa rápida execución, normalmente ao óleo ou ao tempero ao ovo,". Segue traballando sen descanso e ten previsto centrarse en pintar animais, "especialmente cans porque me encantan", dixo.

Entre as obras que compoñen a exposición está a praza do concello da localidade lucense de Ferreira de Pantón, a da coruñesa, Póbra do Caramiñal, varios de mariscadoras e un retrato moi especial, que leva por título simplemente "Cristina", o único que a artista pintou sobre unha fotografía. E dado que é moi prolífica e posúe centos de obras, este foi seleccionado por un motivo moi especial. Tróuxeno como unha homenaxe, porque está dedicado á miña filla falecida.

A exposición poderá verse nas Salas A e B da Casa, ata o 30 de outubro, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas -laborables-. Domingos e festivos de 10 a 14 horas.

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes