Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

O dermatólogo López-Bran explicou as últimas técnicas de rexuvenecemento na Casa de Galicia en Madrid

Na conferencia "Beleza e Saúde" que ofreceu dentro do Ciclo Medicina e Saúde
19-05-2011

 O doutor Eduardo López-Bran, xefe do Servizo de Dermatoloxía do Hospital Clínico San Carlos de Madrid, director do Instituto Médico Estético de Madrid (Imema) e recoñecido dermatólogo, expuxo hoxe na Casa de Galicia en Madrid a relación entre saúde e beleza da pel, así como as últimas técnicas sobre rexuvenecemento facial, capilar e corporal, desmontando falsos mitos e crenzas sobre técnicas xa tan populares como o botox, os recheos ou o láser.

Madrid, 19 de maio de 2011.- O doutor Eduardo López-Bran, xefe do Servizo de Dermatoloxía do Hospital Clínico San Carlos de Madrid, director do Instituto Médico Estético de Madrid (Imema) e recoñecido dermatólogo, expuxo hoxe na Casa de Galicia en Madrid a relación entre saúde e beleza da pel, así como as últimas técnicas sobre rexuvenecemento facial, capilar e corporal, desmontando falsos mitos e crenzas sobre técnicas xa tan populares como o botox, os recheos ou o láser. Fíxoo na conferencia "Beleza e saúde", que ofreceu ante un centenar de persoas, acompañado polo delegado da Xunta de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega, e o doutor José Manuel Pérez-Vázquez, profesor xefe de Medicina Nuclear do Hospital Xeral Universitario Gregorio Marañón, coordinador do Ciclo Medicina e Saúde no que se enmarcou a conferencia e presentador do conferenciante, "un referente internacional dentro da Dermatoloxía".

López-Bran recordou a evolución do criterio estético sobre o bronceado da pel, que na historia pasou "da loanza do alabastro á busca do bronce" e a súa valoración a través das culturas e os seus canons de beleza e fixo un chamamento ao desfrute responsable do sol, con mención das vantaxes dos fotoprotectores.

Os profesionais da saúde e a beleza, dixo, son mans amigas que axudan aos seus pacientes a sentirse mellor, nas demandas estéticas da sociedade actual. Ofrécense moitas solucións e entre elas citou os comésticos, con especial referencia os derivados da uva, que ten un alto poder antioxidante e melloran a tersura e a luminosidade da pel. Non obstante preciso que non poden reverter os efectos do cronoenvejecimiento ou o fotoenvejecimiento.

A cara, "o cabalo de batalla"

Falo así mesmo do avance que supuxeron as primeiras maquillaxes correctoras e de solucións concretas que os dermatólogos poden ofertar para, por exemplo, mellorar a imaxe dos que padecen alopecia e o aspecto das distintas áreas da cara, da que dixo que precisa un tratamento global cando co paso do tempo perde volume. "O verdadeiro cabalo de batalla", valorou respecto ao tratamento da cara, para a que sinalou medios como a toxina botulínica (botox), un tratamento do que afirmou a súa seguridade, que se usa para as patas de galo e o cello pregado e ten unha duración de catro ou cinco meses; o uso e aplicacións dos materiais de recheo para as engurras estáticas e recuperar volume, a laserlipolisis das bolsas dos ollos e a radiofrecuencia fraccional para rexuvenecer o colo.

López-Bran declarouse partidario do aumento labial "razoable" e advertiu contra a utilización de materiais de recheo permanentes, que tamén poden producir problemas permanentes, decantándose polo ácido hialurónico, que é unha substancia segura cunha duración aproximada dun ano.

Abordou igualmente os segredos da depilación médica láser, que despide para sempre ao lanuxe indesexado e a modelaxe da silueta a través de simuladores para aumento de peito, a laserlipólisis de pequenos acúmulos de graxa e aqualix, as inxeccións disolve-graxa.

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes