DescargaMedios

  • (2848x4288px., 955 Kb.)
  • (2848x4288px., 807 Kb.)
  • (2848x4288px., 1029 Kb.)
  • (2848x4288px., 865 Kb.)

Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

A catedrática Mª Victoria Veguín Casas pronunciou o segundo relatorio do "Seminario José Antonio Cimadevila Covelo de Estudos Xacobeos", co título "Unha mirada matemática sobre o Camiño de Santiago"

A Casa acolle a undécima edición do Seminario realizado en colaboración coa Asociación de Amigos dos Camiños de Santiago de Madrid
Madrid, 22 de novembro de 2011

No acto, participaron a conferenciante, María Victoria Veguín Casas, catedrática de Matemáticas de Instituto, e José Antonio Ortiz, presidente da Asociación de Amigos dos Camiños de Santiago de Madrid, que é a promotora do "Seminario José Antonio Cimadevila Covelo de Estudios Jacobeos", do que este ano se celebra a undécima edición. O relatorio, segundo do seminario, leva por título "Unha mirada matemática sobre o Camiño de Santiago".

O Seminario desenvólvese os días 21, 22, 23 e 28 deste mes de novembro e trata sempre temáticas relacionadas co Camiño a cargo de profesionais especialistas nestas disciplinas e con vinculación a ruta Xacobea.

Para José Antonio Ortiz, encargado da presentación, trátase "dun tema moi rechamante e que ademais aínda está moi pouco estudado". De feito, cando María Victoria se centrou nel, non había ningún tipo de bibliografía e foi ela a que publicou un libro en 1998, coas súas observacións e estudos.

A conferenciante iniciou a súa exposición comentando como xurdira a idea de buscar a relación entre as matemáticas e o Camiño: "Eu adoitaba dicirlle aos meus alumnos que as matemáticas están en todas as partes, e por suposto o Camiño non é unha excepción". O Camiño foi lugar de difusión de literatura, ciencia, música e todo tipo de artes. Tamén as matemáticas, en xeral, utilizaron o Camiño para a súa difusión, e particularmente fíxoo o sistema de numeración decimal.

Noutro momento da súa disertación tamén falou do desenvolvemento matemático na vida dos peregrinos. Hai que ter en conta que ao longo da ruta instalaranse puntos de comercio para abastecer as necesidades dos viaxeiros. Utilizaban todo tipo de moedas e medidas, pois segundo a procedencia éstas cambiaban xa que non se unificaran e era necesario establecer equivalencias, tanto nas medidas de lonxitude, capacidade, peso e cartos. Nos primeiros tempos dos peregrinos, tampouco había mapas ao uso e aínda que se falaba das estrelas como referencia, as leguas, as xornadas, os pasos e outras medidas eran máis fiables que camiñar mirando ao ceo pola noite.

Os calendarios eran diferentes e o seu uso era imprescindible para saber os feirados e especialmente o Domingo de Pascua. Naceron os anos Santos, cando o día de Santiago caía en domingo e tamén este feito é curioso ao analizalo porque segue unha periodicidade concreta, que se repite durante moito tempo, pero non continuamente.

María Victoria fixo un repaso histórico polos matemáticos antigos máis destacados, os da idade media e as diferentes achegas que cada civilización foi engadindo. No Camiño consérvanse mileiros da época romana, unha especie de marcos que chegaron ata os nosos días. Por certo, os romanos operaban con moita dificultade, pola ausencia do cero, que o incorporaron os árabes.

No ánimo da profesora está o seguir observando, estudando e ampliando a súa investigación do Camiño e a súa relación coa ciencia matemática.

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes