DescargaMedios

Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

"Poemas de amor para tempos difíciles" na delegación galega en Madrid

O polifacético Xosé Carlos Caneiro recitou na Casa de Galicia unha selección dos seus poemas máis íntimos acompañado á guitarra polo virtuoso, tamén ourensano Xosé Manuel Salgado
23/05/2011

"A Casa de Galicia tamén dedica un tempo e un espazo á poesía", dixo o coordinador de Actividades Culturais da delegación da Xunta de Galicia en Madrid, Ramón Jiménez Pérez. "Poemas de amor para tempos difíciles" é un recital que inclúe unha selección de "os poemas máis íntimos, moitos deles inéditos" de diferentes obras do polifacético autor ourensano Xosé Carlos Caneiro, acompañado á guitarra polo tamén verinés Xosé Manuel Salgado.

Madrid, 23 de maio de 2011. - "A Casa de Galicia tamén dedica un tempo e un espazo á poesía", dixo o coordinador de Actividades Culturais da delegación da Xunta de Galicia en Madrid, Ramón Jiménez Pérez. "Poemas de amor para tempos difíciles" é un recital que inclúe unha selección de "os poemas máis íntimos, moitos deles inéditos" de diferentes obras do polifacético autor ourensano Xosé Carlos Caneiro, acompañado á guitarra polo tamén verinés Xosé Manuel Salgado.

Para Jiménez, "encontrámonos ante un dos autores máis destacados do panorama literario actual de Galicia. Realizou os estudos de Maxisterio, Filoloxía Hispánica e Xeografía e Historia; e é asesor do Centro de Formación do profesorado de Ourense e profesor do Curso de Interpretación e Creación Literaria da Universidade de Vigo".

Destacou tamén "a súa versatilidade literaria, a abundancia da súa produción e os numerosos galardóns obtidos, que fan, del xa un escritor consagrado. É poeta, como quedou patente, e cos seus títulos recibiu premios como o Celso Emilio Ferreiro, o Cidade de Ourense, o Xohán Carballeira e o Rosalía de Castro. É narrador curto e narrador longo, é dicir novelista, e neste campo gañou os premios Xerais, o Branco Amor e o Eixo Atlántico por Ébora, o Risco de Literatura Fantástica, o Manuel García Barros, e, por UN XOGO DE APÓCRIFOS, o Torrente Ballester e o da Crítica. Recentemente publicou en Galaxia as novelas ÁMOTE, A VIDA NOVA DE MADAME BOVARY e OS DOMINIOS DE CAÍN".

É ademais, xornalista, ensaísta, crítico literario e tradutor. Á súa vez, a súa obra encóntrase traducida a varios idiomas, e mesmo se realizaron teses doutorais sobre o seu estilo literario.

Caneiro canta nos seus versos, fundamentalmente ao amor, pero tamén a canto é capaz de emocionar, como o cine e a amizade. "Dende aquí fago un chamamento para que queden cos seus amigos, recobren os seus amigos perdidos, ás súas amigas do pasado," dixo.

Explicou aos asistentes ao acto "unha intimidade que non vén en ningún currículo", da súa época de estudante. "Pertenzo a unha xeración que traballou para pagarse os estudos" e naquela época foi DJ. Cada noite ao saír da discoteca na que poñía discos, ás tres e media da mañá, chamaba dende a cabina da praza a unha moza da que estaba namorado. Un día escoitou que ela dicía "¡Policía, policía, axúdeme. Un tolo ameázame cada noite, recitando poemas de amor!". E confesou á fin: " ¡Era eu!, ¡María. Era eu! ".

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes