DescargaMedios

Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

A Casa acolle, despois de dez anos, as novas creacións de Manuel Parga

O artista, fillo de galegos e vinculado con Ribadeo, ofrece en "Cuatricomía" a evolución da súa obra
4/07/2011

Ata o 29 de xullo, a delegación da Xunta en Madrid ofrece na súa sala Ás novas obras do artista Manuel Parga, fillo de galegos e vinculado con Ribadeo. Fai pouco máis de dez anos, Parga tamén expuxo na Casa, o que permite establecer unha clara evolución na súa forma de expresión.

Madrid, 4 de xullo de 2011.- Ata o 29 de xullo, a delegación da Xunta en Madrid ofrece na súa sala Ás novas obras do artista Manuel Parga, fillo de galegos e vinculado con Ribadeo. Fai pouco máis de dez anos, Parga tamén expuxo na Casa, o que permite establecer unha clara evolución na súa forma de expresión.

Á inauguración asistiron máis dun centenar de persoas, familiares e amigos que arrouparon a Parga no acto, en cuxa presentación interviñeron, ademais do autor, o prologuista do catálogo, Ignacio Izquierdo del Valle e o coordinador de Actividades Culturais da Casa de Galicia, Ramón Jiménez Perez. "Manuel Parga Landa, regresa agora cunha mostra da súa última pintura, para que vexamos que durante este importante lapso de tempo non fixo senón tirar do fío da súa vocación artística ata desembocar nesta maior madureza en que hoxe se nos revela", dixo.

"Xa tiña entón Manuel Parga tendencia a voar libre e alto sobre o lenzo, a buscar a distancia das súas figuras, que empezaban nas súas composicións a distorsionarse cun selo propio co fin de expresar as súas incitantes inquietudes. E é emocionante poder dicir neste momento, dez anos despois, que a evolución dese ciclo, deste círculo, se completou con tanto éxito que se aprecia con moita claridade, pois extremou a súa voz interior ata dar con estas manchas de cor que con tanta firmeza nos ofrece. Manchas abstractas que se as mirásemos dende o aire, como el titula algúns dos seus cadros, poderían falarnos de minúsculos e á vez grandiosas paisaxes dende as nubes, pequenos hortos armados ao xeito dos crebacabezas, a confirmación de que o artista leva un neno dentro que xoga coas posibilidades da imaxinación. Teño que dicirme, particularmente, estes cadros encantanme e que, se tivese un paracaídas a man, lanzaríame sen dubidalo sobre a delicia e suavidade das súas cores", engadiu Jiménez.

Todo empezou en 1995, data na que, por cuestións laborais, Parga foi trasladado a París, e os seus amigos, como regalo de despedida obsequiárono cun maletín de óleos, un presente que espertou a súa vocación durmida.

Segundo Izquierdo, "os seus cadros preséntansenos agora como enigmas, como crebacabezas no sentido máis simpático do termo, de moi distintas solucións; tantas como espectadores estean dispostos a gozar con eles".

O autor explicou, que dende entón, non deixou de "sentir unha profunda atracción pola cor e as formas abstractas".
 

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes