DescargaMedios

Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Ángeles Mera ofrece na Casa "O tanxible e o inasible"

A artista de Vigo mostra na súa exposición máis dunha vintena de obras figurativas
5/07/2011

Baixo o suxestivo título "o tanxible e o inasible", a artista viguesa Ángeles Mera ofrece máis dunha vintena de obras de diferentes formatos que son "auténticos anacos de Galicia", porque en palabras do tamén pintor Carlos Fernández Iglesias, "la obra de Ángeles non necesita explicación: é figurativa e preséntase a si mesma".

Madrid, 5 de xullo de 2011.- Baixo o suxestivo título "o tanxible e o inasible", a artista viguesa Ángeles Mera ofrece máis dunha vintena de obras de diferentes formatos que son "auténticos anacos de Galicia", porque en palabras do tamén pintor Carlos Fernández Iglesias, "la obra de Ángeles non necesita explicación: é figurativa e preséntase a si mesma".

No acto de inauguración interviñeron, xunto co pintor e amigo da artista Carlos Fernández Iglesias; a pintora Ángeles Mera e o coordinador de Actividades Culturais da Xunta en Madrid, Ramón Jiménez, quen destacou as "persoais conclusións que cada un pode sacar ao ollar estes cadros, ao enfrontar a mirada a estas 22 obras fermosas de bosques e paisaxes de Galicia, nas que se percibe a bruma característica da atmosfera atlántica. Obras salpicadas de auga, de flores, de árbores onde doadamente poderían arrandearse as fadas... ".

Para Iglesias, os cadros de Mera "son reflexo da personalidade da autora. Paisaxes da súa terra que expresan o seu carácter, a súa calidez e a súa capacidade creadora, o seu entusiasmo e a súa dedicación, así como a súa formación académica e a contínua busca dos seus valores plásticos,".

Segundo palabras de Francisco Pablos, Da real Academia de Belas Artes no catálogo elaborado con motivo da mostra, "autenticidade sería a máis cabal cualificación para a pintura de Ángeles Mera, porque é como ela mesma: sinxela, intimista, un punto melancólica; próxima á realidade, á referencia inmediata en calquera ámbito da Galicia rural ou mariñeira, que é o seu medio cotián. E ao mesmo tempo cun ápice de indefinición, de evanescencia,".

A autora tomou a palabra para agradecer á Casa "o enorme labor de difusión que realiza cos autores galegos" e tamén para render unha homenaxe á amizade, "que non entende de distancias" á hora de compartir momentos importantes.

Numerosos amigos, especialmente amigas, desprazáronse a Madrid dende a cidade de Vigo onde residen habitualmente para acompañar a Ángeles na inauguración de "O tanxible e o inasible". Con este título define a autora a súa forma de entender as paisaxes cheas de ríos, vales, multicolores viñedos, pontes, bosques, camiños, praias, natureza abrupta e domesticada... todo iso ao alcance da man pero coa atinada imposibilidade de asilo, "como tamén acontece coas cuestións importantes, como a amizade, ou a vida mesma".

A exposición está instalada na Sala "L" da Casa e poderá visitarse ata o 29 deste mes de xullo; os días laborables de 10 a 14 e de 16 a 20 horas; e de 10 a 14 os domingos e festivos.

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes