DescargaMedios

Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

A pintura de Modigliani pecha o ciclo de clases-conferencias "O espertar da mirada: obras mestras da arte occidental"

Impartido na Casa de Galicia en Madrid polo profesor de arte Diego Diz
6/07/2011

"O triunfo da liña: Modigilani e a sedución" é o título da sesión que pechou hoxe o ciclo do clases-conferencias "O espertar da mirada: obras mestras da arte occidental", impartida na Casa de Galicia en Madrid polo profesor de arte e director de cine Diego Diz.

Madrid, 6 de xullo de 2011.- "O triunfo da liña: Modigilani e a sedución" é o título da sesión que pechou hoxe o ciclo do clases-conferencias "O espertar da mirada: obras mestras da arte occidental", impartida na Casa de Galicia en Madrid polo profesor de arte e director de cine Diego Diz.

Nesta sétima sesión do ciclo Diz estudou as características fundamentais da obra pictórica de Modigliani, pintor e escultor italiano que destacou pola simplicidade e elegancia dos seus retratos femininos, no que Diz destacou "o triunfo do debuxo". "Modigliani decántase claramente polo debuxo; o seu é un debuxo nítido e preciso". Tamén subliñou que todo Modigliani é curva" e a linealidade e a sensación de ritmo nas obras deste autor.

O conferenciante foi presentado polo coordinador de Actividades Culturais da Casa, Ramón Jiménez, quen resaltou que ao longo do seu desenvolvemento o ciclo, sesión a sesión, "foi gañando a pulso seguidores incondicionais".

O ciclo compúxose de sete sesións, cunha periodicidade aproximada dunha por mes, nas que Diz analizou para os asistentes ás clases-conferencias obras relevantes de principais pintores occidentais. O obxectivo destas clases-conferencias, segundo explicou o profesor, foi a aprendizaxe da linguaxe pictórica, de "un xeito de mirar a realidade".

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes