DescargaMedios

Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

A CASA DE GALICIA EN MADRID ACOLLEU UN CONCERTO DE AUTOR, POP-ROCK, DO MÚSICO GALEGO AL VILA

O artista prepara o seu terceiro disco e foi seleccionado por Rolling Stone como un dos artistas emerxentes de España máis destacados da música de autor
27 de setembro de 2012

 A Casa de Galicia en Madrid acolleu esta tarde un concerto de autor (pop-rock) do músico galego Al Vila, que interpretou unha ampla selección dos seus temas máis emblemáticos e dos que recollerá no seu próximo e terceiro disco, "Inventándonos”, que se acha en fase de preparación e ten previsto saír ao mercado o próximo mes de decembro. Tres deses novos temas poden escoitarse na web do músico (www.alvila.es).

Madrid, 27 de setembro de 2012.- A Casa de Galicia en Madrid acolleu esta tarde un concerto de autor (pop-rock) do músico galego Al Vila, que interpretou unha ampla selección dos seus temas máis emblemáticos e dos que recollerá no seu próximo e terceiro disco, "Inventándonos”, que se acha en fase de preparación e ten previsto saír ao mercado o próximo mes de decembro. Tres deses novos temas poden escoitarse na web do músico (www.alvila.es).

Al Vila, compositor, cantautor e actor de dobraxe foi seleccionado pola revista Rolling Stone como un dos quince artistas emerxentes de España máis destacados da música de autor e no momento do concerto estaba a ocupar o primeiro lugar nas votacións que se están a realizar na plataforma da revista en internet, co tema "Flipándolo".

Melodías e letras intimistas chegaron á Casa da man deste artista ferrolano cuxo bo facer está avalado por actuacións en máis de medio millar de escenarios e ter compartido cartel con músicos do talle de Javier Álvarez, Ramón Arroyo (Los Secretos), René (El Canto del Loco) e a tamén artista galega Cardigan Bridge.

O artista foi presentado polo coordinador de Actividades Culturais da Casa, Ramón Jiménez, quen observou que se trataba dunha actuación inusual nas nosas instalacións, que "acolleron máis a miúdo ata a data recitais ou concertos de música clásica ou de música de raíz ou tradicional galega, e tamén nalgunha ocasión jazz". "O noso artista invitado comparece aquí avalado polos seus propios méritos e a calidade dun traballo inxente que lle levou a subirse máis de 350 veces aos escenarios, tantas como concertos celebrou dende o ano 2008, en que tras abandonar a etapa iniciada en 1996 co grupo SOLO112, comezaba a súa andaina en solitario con rumbo cara a unha música moito máis intimista, o que logrou facer sen traizoarse a si mesmo,".

Recordou así mesmo que Al Vila editou o seu primeiro disco co significativo título de "Empezándonos. "A este, dado o éxito das súas actuacións en directo, seguiu outro, máis intimista e afín aos ditados da súa alma, máis persoal en definitiva, no que contou coa colaborción do músico Miguel Castro. Neste segundo disco, ao que chamou ´Seguíndonos´, e que viu a luz a principios do ano pasado coa colaboración de Apadrina un Artista e Panymüsika, mostra temas de gran contido eléctrico por unha parte e acústicos por outra, con melodías elaboradas ou beadas envolventes", explicou.

Finalmente sinalou que na actualidade "se encontra pergeñando o que será o seu terceiro traballo en solitario co seu novo produtor Javi Amor, o que compaxina con múltiples concertos".

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes