A Casa de Galicia acolleu esta tarde a conferencia de Juan Luís Beceiro "A expulsión dos xudeus e a Inquisición española"

O historiador ferrolán analizou a situación relixiosa na España dos séculos XV e XVI
Madrid, 23 de xaneiro de 2018

"A Inquisición española foi a única de Europa que non queimou a ningún escritor, humanista ou científico", asegurou categórico o historiador ferrolán Juan Luís Beceiro na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia na conferencia que pronunciou baixo o título "A expulsión dos xudeus e a Inquisición española". Na súa disertación, na que analizou a situación relixiosa na España dos séculos XV e XVI, argumentou que a lenda negra xurdida ao redor da persecución dos xudeus e a Inquisición foi "unha campaña orquestrada polos inimigos de España, e especialmente polos protestantes".

O relator explicou ante preto de medio centenar de persoas que a Inquisición española creouse dous séculos despois de establecerse en toda Europa e as condenas á morte non chegaron a 3000 durante todo o tempo que funcionou en España e Iberoaméica, sendo a única de todas elas que non condenou a escritores nin científicos.

En relación aos xudeus, Beceiro subliñou que os Reis Católicos non foron os primeiros monarcas españois que os expulsaron, dado que nove séculos antes xa o fixo o rei godo Sisebuto, entre os anos 613 e 620. "Desde o século XII en diante, os xudeus foron expulsados de case toda Europa" e os Reis Católicos non podían ser antisemitas, pois Fernando era de sangue xudeu pola súa nai, unha Henriquez; e Isabel estivo a piques de casar cun xudeu por ambas as dúas partes, Pedro Girón. Ademais, "foron os xudeus os que permitiron o triunfo de conquísta aixiña aos musulmáns ao abrirlles as portas das cidades españolas e asegurar o control destas cando os conquistadores de Alá internábanse na Península", explicou.

A presentación do orador realizouna, en nome do delegado da Xunta en Madrid e director da Casa de Galicia José Ramón Ónega, o coordinador de Actividades de institución galega, Ramón Jiménez, quen nas súas palabras achegou algúns datos da biografía do conferenciante. Juan Luís Beceiro García é licenciado en Dereito pola Universidade de Salamanca na que foi Axudante de Cátedra de Dereito Internacional. Ademais realizou estudos de Lingua e Literatura inglesas e Dereito Civil escocés na Universidade de Saint Andrews, en Escocia, onde acudiu como bolseiro. Os seus coñecementos en temas de política internacional propiciou así mesmo a súa colaboración na prensa de Salamanca. Finalmente, xa xubilado, pertence á Asociación de Profesores Xubilados (ASPUR) e á Real Liga Naval Española. Tamén é autor do libro titulado La mentira histórica desvelada, un amplo texto que recolle o seu pensamento sobre os temas que máis lle preocuparon ao longo da súa vida e que teñen que ver fundamentalmente coa Lenda Negra que outros países fabricaron sobre o noso país, "ese relato desfavorable sobre España e o seu pasado que os españois, nunha gran maioría, aceptaron sen máis, quizais, como apuntan algúns autores, por un problema de autoestima".

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes